Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

IRIA

€20,00
ISBN 9788499143620
Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproa cara a horizontes nunca antes navegados. Unha novela memorable, un fito na narrativa galega contemporánea.

Continuando no ronsel de Pensa nao, esta nova novela de Anxo Angueira lévanos agora a fins dos sesenta, ós anos en que se organiza a primeira resistencia activa antifranquista. E lévanos a bordo dun pequeno galeón a vela que lle dá o título, Iria, e que se converte no grande protagonista. As súas travesías pola Arousa e as súas remontadas polo Ulla, descritas co léxico náutico aínda vivo, parecen ás veces concibidas como unha dura proba de resistencia, de escritura e de lectura, na que o autor e o lector viven embarcados.Entretecido coas viaxes do galeón, o traballo na construción dun canal de regadío funciona como contrapunto obreiro e labrego que contrapesa o protagonismo do mundo mariñeiro. Pero tamén é toda unha metáfora social e política da época. Cosendo tódolos fíos, as entremesturadas historias de afogados semellan unha memoria polifónica do Ulla e mais da Arousa.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • ARRAIANOS

    ARRAIANOS

    X. L. Méndez Ferrín
    €16,65

    A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro,...

    Ver todos os detalles
  • AGUILLÓNS DE ORTEGAL

    AGUILLÓNS DE ORTEGAL

    Hixinio Puentes Novo
    €21,35

    Con sabor a novela de aventuras, Hixinio Puentes ofrécenos en Aguillóns de Ortegal unha historia ambientada nos tempos da Primeira Guerra Mundial, ...

    Ver todos os detalles
  • EN VÍAS DE EXTINCIÓN

    EN VÍAS DE EXTINCIÓN

    María Reimóndez
    €21,00

    Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte c...

    Ver todos os detalles
  • EN VÍAS DE EXTINCIÓN

    EN VÍAS DE EXTINCIÓN

    María Reimóndez
    €21,00

    Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte c...

    Ver todos os detalles
  • ANARQUISTAS GALEGOS EN AMÉRICA

    ANARQUISTAS GALEGOS EN AMÉRICA

    Bieito Alonso
    €21,00

    Este de Bieito Alonso é un verdadeiro libro de Historia como descuberta do pasado.Descóbrenos o descoñecido do pasado e achéganos pasados descoñeci...

    Ver todos os detalles