Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

INTEMPÉRIOME

€25,50
ISBN 9788491218944

Edición especial Letras Galegas

«Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte. A través dos versos flúe a sinceridade dunha poeta aberta, espida, que rompe a palabra para inxectarlle significados contestatarios e invocar a lectora ou lector a que se libere da alienación. En palabras da poeta Iolanda Zúñiga, que se dirixe a Xela Arias no limiar do libro, «Íspeste para asimilar, sen estorbos, o alento do suburbial». Esta edición especial, feita con motivo da celebración das Letras Galegas 2021, consta dun estoxo que contén o libro de poemas Intempériome, un caderno de notas e un CD coa gravación dos poemas na voz de Xela Arias acompañada dos músicos Pablo Carrera, Macarena Montesinos e Elena Vázquez, baixo a dirección de Fernando Abreu.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • INTEMPÉRIOME

    Xela Arias
    €14,25

    «Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer...

    Ver todos os detalles
  • A GUERRA ERA CONTRA NÓS

    A GUERRA ERA CONTRA NÓS

    Librería Abrente
    €12,50

    VIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey«A guerra era contra nós» é unha visión metafórica, poética e mítica da humanidade que se constrúe como un c...

    Ver todos os detalles
  • OS LIBROS QUE HAI EN MIN

    Enmma Pedreira
    €16,50

    Cando unha pensa que un día sen ler é un día perdido, o fai en calquera parte e o comparte nas redes sociais, corre o risco de que unhas editoras a...

    Ver todos os detalles
  • CANTARES GALLEGOS

    CANTARES GALLEGOS

    Rosalía de Castro
    €22,95

    Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A pub...

    Ver todos os detalles
  • O XIRO

    O XIRO

    Noelia Gómez
    €12,50

    V Premio de Poesía Gonzalo López Abente Este libro debúxase no aire cos arames que forman o tramado do coñecido, e vólvese estraño a causa do move...

    Ver todos os detalles