Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

INFAMIA

€19,50
ISBN 9788491215363
Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza.

A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra. Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposibles de dixerir. Que foi das irmás Giraud? Están mortas? Se é así, quen as asasinou? Onde están agochados os seus corpos?Infamia é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece. Unha novela de ritmo vibrante que agarra o lector e o conduce aos sumidoiros da condición humana. Unha historia de amor, odio e loucura. Fiel á súa escrita, Ledicia Costas é quen de explorar o máis recóndito da alma humana ofrecéndonos unha novela poderosa e adictiva.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • O GRUPO

    O GRUPO

    An Alfaya
    €12,15

    Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuv...

    Ver todos os detalles
  • O INFORTUNIO DA SOIDADE

    O INFORTUNIO DA SOIDADE

    XOSE CARLOS CANEIRO
    €16,85

    Premio Xerais de Novela, 1992   ...amada Dalmara, habitáculo polo que demoro a fervenza da respiración artificial, boca a boca do delirium tremens,...

    Ver todos os detalles
  • USHA

    USHA

    María Reimóndez
    €11,25

    Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acomp...

    Ver todos os detalles
  • O QUE NON SABÍAS

    O QUE NON SABÍAS

    Elba Pedrosa
    €16,35

    Por veces, as pegadas que deixa a vida son tan intensas que esborranchamos o presente coa dor do pasado e co silencio.Marisa, muller afouta e tenaz...

    Ver todos os detalles
  • O CEO DAS REIXAS

    O CEO DAS REIXAS

    Eli Ríos
    €14,85

    Noelia está presa no módulo de respecto cando na cela contigua sucede algo grave. Ela, que é cirurxiá, séntese obrigada a intervir.Logo, da direcci...

    Ver todos os detalles