
Illa Soidade é unha novela iniciática que nos descobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e o respecto polo diferente. Afastándose de tópicos e concedéndolle voz a persoas que teñen o seu propio espazo nunha sociedade que habitualmente as silencia, a novela retrata o mundo da indixencia, da mendicidade, dos sen teito, dos esmoleiros, dos vagabundos. Cada unha destas persoas é unha illa deshabitada que vai conformando arquipélagos de soidade. Lucía procura nesta escuridade un pouco de luz para todas elas.
____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego