Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

HISTORIAS (IN)CERTAS

€12,00
ISBN 9788417824181
Para Xosé Miranda “Ramón Caride é un narrador realista, dun realismo tenaz, minucioso, que non se conforma coa tona das cousas e que vai ao fondo. Ao fondo escuro da alma, e do país, ou do planeta.

Non se limita a poñer espellos para que nos vexamos neles. Dá un paso máis e escanéanos. Porque escrita realista non é o mesmo que escrita costumista. Caride é un escritor realista, mais, precisamente por iso, é un escritor fantástico, no senso de Todorov. Un escritor que, sen deixar de ser realista, introduce as crenzas, os degoros, as fobias dos seus personaxes na trama. Que introduce as súas dúbidas, as súas preocupacións, as súas incertezas, o seu desexo, sabendo que teñen tanta consistencia real coma os edificios ou a paisaxe. Caride non acredita de máis na cronoloxía, esa miraxe. Porque ás veces na vida hai viaxes con retorno, e mesmo finais felices. Aínda que chova”.      

____

Editorial: Embora
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • DEDRE

    DEDRE

    Ramón Caride
    €17,00

    As pezas narrativas de "Dedre", o último libro de relatos de Ramón Caride, non requiren maior elucidación: a primeira, titulada "A razón práctica",...

    Ver todos os detalles
  • MEMORIAS DUN EXGALEGO

    Josiño Araújo Pérez
    €21,95

    “Comecei a odiar a miña familia o día en que nacín”. Así arrinca esta biografía de odio. Anxo, o seu narrador e protagonista, é a personificación d...

    Ver todos os detalles
  • TERRA QUEIMADA

    TERRA QUEIMADA

    Ramón Caride
    €12,00

    Ramón Caride pousa a súa mirada na decadencia do mundo rural, na que o lume físico crónico de cada verán é contexto e símbolo da destrución de “pai...

    Ver todos os detalles
  • TODAS AS VIDAS

    TODAS AS VIDAS

    Xosé Ramón Pena Sánchez
    €21,00

    "Todas as vidas" recrea relatos de soñadores, perdedores, persoas frustradas ou de aspirantes á revolución. Son un monllo de vidas que abanean entr...

    Ver todos os detalles
  • FINAL FELIZ

    Xavier Queipo
    €16,95

    Os de «Final feliz» son relatos en carne viva, un mando de historias para espertar conciencias ou establecer a ponte entre o real e o imaxinario, e...

    Ver todos os detalles