Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

HISTORIAS DO EMPARDECER

€8,00
ISBN 9788484870413

Manuel María, escritor que cultivou –e cultiva– todos os xéneros literarios, nesta súa nova entrega, de título ben significativo, tal vez intencionado e alusivo de Historias do empardecer, recolle unha serie de narracións sinxelas e directas, escritas en diversas épocas, fondamente enraizadas no vivir galego.

A primeira parte componse dunhas instantáneas súbitas como “retratos ao minuto” de aspectos moi concretos do acontecer diario deses seres inocentes e anxélicos coñecidos como toliños, privadiños, derramados ou persoas que “non son ben de seu”. A segunda parte abrangue narracións que van desde o relato pseudohistórico ao paródico.

Historias do empardecer son relatos abertos á monotonía do cotián que, por veces, transitan polos camiños máxicos da imaxinación.

Para Edicións Laiovento supón unha honra moi especial poder incorporar ao seu catálogo unha obra dun dos grandes clásicos das nosas letras.

_____

Editorial: Laiovento 2003

Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • A ESCUMA DOS DÍAS

    Manuel María
    €8,00

    Manuel María, escritor que cultivou –e cultiva– todos os xéneros literarios, nesta súa nova entrega, de título ben significativo, tal vez intencion...

    Ver todos os detalles
  • DUN TEMPO E DUN PAÍS

    Manuel Caamaño Suárez
    €14,00

    Manuel Caamaño Suárez, pola súa traxectoria vital, foi protagonista e actor dalgunha das empresas culturais máis importantes dos últimos corenta an...

    Ver todos os detalles
  • UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA.

    Raúl Dans
    €17,95

    Pais e fillos, segredos e mentiras, culpa e redención. Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans mergúllase nas zonas máis escuras da alm...

    Ver todos os detalles
  • NOCTURNOS

    Manuel Lourenzo
    €14,95

    Nocturnos, a máis recente entrega dramatúrxica de Manuel Lourenzo, constitúe unha tríada de pezas singulares pola súa ubicación a respecto do que c...

    Ver todos os detalles
  • DIATRIBAS MANUELINAS

    Antón Capelán Rey
    €20,00

    «Como ben salienta a profesora portuguesa Clara Rocha no seu extraordinario ensaio Revistas Literárias do Século XX em Portugal (1985), unha das fu...

    Ver todos os detalles