Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

GOBSECK

€13,00
ISBN 978841225935

A novela curta Gobseck foise ampliando en sucesivas edicións, dende o seu primeiro esbozo, aparecido na prensa en 1830, até a edición de 1842, cando adopta o título e a trama definitivos.

A historia arrinca no salón da vizcondesa de Grandlieu, no inverno de 1829-1830. Esta advirte a súa filla de dezasete anos dos perigos que encerraría a nivel social un posible amorío con Ernest de Restaud. Derville inmíscese entón na conversa co propósito de demostrar a idoneidade do pretendente e, a través dun longo relato que se remonta aos tempos nos que coñeceu o implacable usureiro Gobseck, cóntalles os truculentos episodios protagonizados por Anastasie de Restaud durante o seu adulterio co dandi Maxime de Trailles, así como as súas xestións para salvagardar a fortuna familiar, en conivencia co marido enganado e sorteando como ben pode a cobiza do prestamista.

Balzac aposta por unha complicada técnica de enunciación: o relato principal que serve de marco xeral e decorre no salón dos Grandlieu, na voz dun narrador externo, dá paso á longa narración de Derville en primeira persoa, a cal acolle á súa vez a biografía de Gobseck, prototipo do avaro para quen o ouro é a única forza que move o mundo, e as dolorosas escenas que arrodean a morte do conde de Restaud.


____


Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Galego