Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FUXIR DE PROXERIA

€15,00
ISBN 9788417094690
Proxeria, contra o derradeiro terzo do século XXI. O país máis avellentado de Europa grazas ao seu récord de infecundidade dende finais do século precedente. Un país senescente, onde morren catro veces máis cidadáns dos que nacen...

Proxeria, contra o derradeiro terzo do século XXI. O país máis avellentado de Europa grazas ao seu récord de infecundidade dende finais do século precedente. Un país senescente, onde morren catro veces máis cidadáns dos que nacen. Onde os mozos son o ben máis prezado. Por iso deben ficar, ata saldar as súas hipotéticas débedas coa sociedade, por mor das leis impostas pola xerontocracia que domina o Parlamento ou Senilatus. A Garda controla os movementos dos novos para impedir as súas fuxidas. Eles considéranse bois de carga dunha comunidade camiño do colapso social e económico, sen futuro. Pero no medio deste panorama, onde xa case ninguén ten irmáns e se descoñece que é a fraternidade, aínda hai pequenos espazos para o amor e a esperanza, espazos para rexenerar Proxeria. A presidenta —Jennifer Pozas— impulsa medidas draconianas. Os fuxidos son xulgados como desertores e castigados a prestar servizo cívico na terra do xabaril, agás que teñan un fillo para se redimir. Todos se preguntan por que ninguén fixo nada cando aínda tiña sentido facelo e así evitar esta tráxica situación. Unha nación sen nacementos, unha patria sen pais, fixo que o vello Reino inzado de vellos ata mudase de nome entre a xente nova: Proxeria.

____

Editorial: Edicións Fervenza
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • TRES SEGUNDOS DE MEMORIA

    TRES SEGUNDOS DE MEMORIA

    Diego Ameixeiras
    €17,30

     Premio Xerais de Novela, 2006 Un mozo de trinta anos, parado e á espera da próxima oferta de precariedade laboral, deambula pola vida contándonos...

    Ver todos os detalles
  • O CLAN DAS BARBIES

    Yañez, Antía
    €18,50

    Un tempo futuro onde a baixa natalidade é unha preocupación global. Dúas mulleres e un home na sala de espera da Clínica Eva. Non se coñecen, pero ...

    Ver todos os detalles
  • OS TRES DE NUNCA

    OS TRES DE NUNCA

    Nacho Taibo
    €23,00

    Entre frecuentes alusións a Castelao, a quen se homenaxea no propio título, Os tres de nunca é a historia do Bocoi, do Patacón e mais do Milorde, t...

    Ver todos os detalles
  • O GALO QUE PUXO UN OVO

    GARCÍ ACEDO, INDY / TOVA, LAURA
    €14,90

    Aquela mañá, as galiñas puxeran dez ovos; pero no galiñeiro só había nove. Despois de buscalo por todos os recunchos, descubriron que o galo ag...

    Ver todos os detalles
  • HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA

    HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA

    VV.AA.
    €39,00

    OFERTA de 4 tomos da Prehistoria a Época ContemporaneaPrehistoria. Historia antiga O estudo da historia das mulleres da Galicia prehistórica e ant...

    Ver todos os detalles