Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FÓRA DO NORMAL

€12,15
ISBN 9788491214014
André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017

Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural e a súa forma de entender a vida allea ao contexto urbano no que se ve obrigada a inserirse. Axiña, a amizade de André e Mucha pasará a verse ampliada nunha especial Patrulla Trans, grazas a Martín e Xela, outras dúas persoas moi distintas que axudan a André a comprender que cómpre coñecer para querer. Así, por fin amparado pola súa rede afectos e pola lectura das aventuras dos heroes do cómic clásico, un camiño para a comprensión do mundo, André asumirá que para a superación dos conflitos a auténtica fortuna reside en rodearse de persoas que non teñan medo a ser quen son: «no medio da treboada, a única heroicidade é resistir»."Fóra do normal", novela gañadora da primeira edición do Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, identifica os heroes e as heroínas contemporáneas entre aquelas persoas que só con existir e non ceder a domesticarse están mudando o mundo.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • A CABEZA DE MEDUSA

    A CABEZA DE MEDUSA

    Marilar Aleixandre
    €12,15

    9ª Edición - Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2008 Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2009 Premio Fr...

    Ver todos os detalles
  • OS TRES DE NUNCA

    OS TRES DE NUNCA

    Nacho Taibo
    €23,00

    Entre frecuentes alusións a Castelao, a quen se homenaxea no propio título, Os tres de nunca é a historia do Bocoi, do Patacón e mais do Milorde, t...

    Ver todos os detalles
  • O GRUPO

    O GRUPO

    An Alfaya
    €12,15

    Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuv...

    Ver todos os detalles
  • FÓRA DE SI

    FÓRA DE SI

    Suso de Toro
    €17,00

    Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moi...

    Ver todos os detalles
  • A CACERÍA

    A CACERÍA

    Librería Abrente
    €12,00

    Zairo participa co seu pobo na Gran Cacería. É o costume para deixar de ser neno e converterse nun home. Mais á volta todo mudou moito máis do que ...

    Ver todos os detalles