Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FOLLAS NOVAS

€22,95
ISBN 9788491210092
Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con “Follas novas” (1880). “Follas novas” é considerada unha das grandes referencias da poesía galega de todos os tempos.

Despois de “Cantares gallegos” (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con “Follas novas” (1880). O seu lirismo intrasubxectivo e radical, lonxe do romanticismo convencional, a nova flexión realizada da alegoría nacional de Galicia e a renovada concepción estética e autónoma do feito literario acaban por selar o vigor da literatura en galego e testemuñan a apertura de horizontes do proxecto que Rosalía de Castro lideraba. Todo fai que “Follas novas” sexa considerada unha das grandes referencias da poesía galega de todos os tempos. Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín (“A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego”), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición crítica de “Follas novas” ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas. Imaxe de cuberta: retrato de Modesto Brocos, Fundación Rosalía de Castro.

____

También te podría interesar...

  • EN LAS ORILLAS DEL SAR

    EN LAS ORILLAS DEL SAR

    Rosalía de Castro
    €20,00

    Contrariamente á visión da obra como unha dimisión, demóstrase aquí o seu intenso carácter nacional galego, tanto no histórico-político, como no cu...

    Ver todos os detalles
  • CANTARES GALLEGOS

    CANTARES GALLEGOS

    Rosalía de Castro
    €22,95

    Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A pub...

    Ver todos os detalles
  • FOLLAS NOVAS 2

    VV AA
    €15,00

    Revista estudios rosalianos. ARTIGOSManuel Barros, cronista de PadrónXosé Luís Axeitos,xlaxeitos@yahoo.com.br Amizade, conexión epistolar e redes ...

    Ver todos os detalles
  • FOLLAS NOVAS

    FOLLAS NOVAS

    Rosalía de Castro
    €22,00

    Follas novas, poemario de gran fondura e riqueza expresiva que supuxo a consagración definitiva da padronesa nas letras galegas. Nestes poemas, Ros...

    Ver todos os detalles
  • FOLLAS NOVAS 6

    VV AA
    €15,00

    Revista estudos rosalianos. ARTIGOSUnhas liñas para Alejandra Murguía. Algúns aspectos sobre o seu papel de compiladora de literatura de tradició...

    Ver todos os detalles