Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FINAL FELIZ

€16,95
ISBN 9788411100502

Os de «Final feliz» son relatos en carne viva, un mando de historias para espertar conciencias ou establecer a ponte entre o real e o imaxinario, entre o que non se conta e o que agroma do subconsciente. A través delas sentimos o voo dos estorniños nun ceo de Istanbul envurullado en murmurios do Oriente; abrimos o armario encaixado na súa coiraza de pedra para deixar fuxir os fantasmas sexuais en gloriosa promenade; vemos medrar a hedra do tempo no medio dunha gran nevarada en Viena; notamos o vaivén das ondas nos afastados mares de Terranova.
Xavier Queipo preséntanos historias impregnadas de sensacións oníricas, que asentan nas lecturas, na experiencia vivida, na observación da natureza, e que conforman un novo elo no universo literario do seu autor.

____

Editorial: Xerais 2022
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • OS SERES QUERIDOS

    Berta Dávila
    €16,95

    Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo ...

    Ver todos os detalles
  • ESTRANXEIRAS

    Carmen Granxeiro
    €17,50

    A condutora da Kawasaki negra chega a Santa Mariña de Augas Novas sen intención de ficar, inmersa nunha fuxida que a fixo abandonar Berlín ás présa...

    Ver todos os detalles
  • O PESO DO CEREBRO

    Xesús Constela
    €18,00

    En «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús Constela, cuestiónase de que xeito, chegada a vellez, poden as nosas lembran...

    Ver todos os detalles
  • INTEMPÉRIOME

    Xela Arias
    €14,25

    «Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer...

    Ver todos os detalles
  • MATARAN A REBOIRAS

    Luís Rei Núñez
    €23,95

    No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Reboiras cae abatido logo dunha asañada pe...

    Ver todos os detalles