Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FILLAS DE CASSANDRA – ACRÓPOLE

Esgotado
€11,95
ISBN

MaríaSOA (voz, percursión e piano) e Sara Faro (voz e percusión)  conforman o dúo Fillas de Cassandra, un dos proxectos da nova música emerxente máis prometedor do panorama galego.

Transcorrido pouco máis dun ano desde a súa formación presentan o seu primeiro traballo, (Acrópole)

A súa é unha aposta pola recuperación das melodías tradicionais e a creación de novas líricas, inspiradas na no canto de tradición oral, pero tamén influenciadas polo pop, a electrónica e a música clásica.

O espectáculo que propoñen co seu primeiro disco bebe do teatro, convidando ao público a ser parte dunha viaxe ao longo da historia, da man dos nomes das heroínas que rescatan da mitoloxía clásica e cos que pretenden estabelecer un diálogo, recoñecendo as súas vivencias presentes como mulleres nas das súas devanceiras.

Sempre desde unha ollada feminista e actual, as súas composicións transitan da emotividade ao desenfado vibrante sen esquecer o activismo, logrando conectar cun público interxeneracional. O piano e as diferentes percusións son apoiadas por bases electrónicas que, a pesar da súa potente sonoridade, capaz de instalar atmosferas de por si soas, non eclipsan nin as súas letras nin as súas voces, sempre nun primeiro plano grazas ás súas armonias vocais moi coidadas.

Temas
I. ANTÍGONA
Da voz de Lisístrata
II. LISÍSTRATA (Varre Vasoira)
III. PANDORA
IV. ECO
V. AS MOIRAS
VI. DAFNE E SYRINX
Da voz de Cassandra
VII. CASSANDRA (Fillas de Cassandra)
VIII. ACRÓPOLE

También te podría interesar...

  • ELISEO PARRA. NUNCA PERSEGUÍ LA GLORIA

    ELISEO PARRA. NUNCA PERSEGUÍ LA GLORIA

    Rafael Alba
    €22,00

    O libro leva un CD de agasallo que contén unha selección de 16 temas representativos da súa evolución musical.Nesta obra, escrita polo periodista e...

    Ver todos os detalles
  • FULIADA NA VILA (CON CD)

    Richi Casás
    €20,00

    Este é o segundo traballo editado por aCentral Folque na colección ZECA. A través dun libro e un CD de nova creación, que se acompañan pero que con...

    Ver todos os detalles
  • MATRIARCAS. MULLERES EN PE DE VIDA

    MATRIARCAS. MULLERES EN PE DE VIDA

    Montse Fajardo
    €18,00

    É un título que en primeira  instancia me fai pensar como é posible internarse con éxito no panorama das novidades en lingua galega –a súa segunda ...

    Ver todos os detalles
  • OS OLLOS QUE FALAN

    OS OLLOS QUE FALAN

    Tempo catro sexteto
    €15,00

    Once cantares galegos Os ollos que falan. Rosalía de Castro é unha produción da Asociación Socio-Pedagógica Galega. grabado no Estudio de Grabació...

    Ver todos os detalles
  • TRES OBRAS TEATRAIS

    TRES OBRAS TEATRAIS

    Andrés Pociña
    €14,00

    Edítanse por fin en galego, a lingua na que foron escritas, as tres primeiras obras teatrais de Andrés Pociña, todas elas xa publicadas en español,...

    Ver todos os detalles