Exteriores do paraíso é un libro diferente, e o lector viaxará por el como por unha paisaxe onde conviven formas e materias que ao raro adoitan ir xuntas. Á narración melancólica séguelle o poema que fai rir, ou o relato dunha lectura pública singular; ao apuntamento autobiográfico, unha extravagante conferencia sobre literatura ou un texto sobre as contradicións dun namorado a causa da súa afección á pizza.
Máis alá da súa variedade, as páxinas deste libro, de estrutura ordenada e clara, comparten un mesmo fondo. Volven unha vez e outra sobre o Amor, o Medo e a Morte, os temas que, dende a primeira gripe de Adán -sinal do seu afastamento do paraíso- acompañan a todas as persoas deste mundo.
Exteriores do paraíso é un libro esencial na extensa e recoñecida obra de Bernardo Atxaga.

____
Editorial: FAKTORIA K 10-2023
Idioma: Galego