Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ETERNITY

€15,50
ISBN 9788491517696

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2021

Cando alguén morre, ¿que queda, á parte dun nome nunha lápida? ¿Canta xente e durante canto tempo se lembran del? Para asegurarse de que a historia da vida, de que a historia de cada unha das vidas se preserva, Dalmao, un mozo licenciado universitario, decide crear Eternity. Un lugar en Internet onde a memoria virtual das persoas se ha conservar perenne e indeleble, tal e como a lembran os seus achegados. A el únense Larisa, Daniel e Héitor. Catro enxeñeiros informáticos que precisan de alguén máis que domine varias linguas e saiba redactar: a protagonista desta novela. O que ela non sospeita é que a historia das vidas dos demais a ha levar a descubrir as orixes da súa propia e agochada historia.

Xosé Monteagudo, cun estilo directo que intriga e apreixa ao tempo que desvela e afonda, fai confluír o eterno desexo humano de transcendencia co presente dixital máis anovador. Eternity é unha novela breve e intensa que nos convida a reflexionar sobre o futuro dunha sociedade que aspira á permanencia concibíndose como un inmenso arquivo dixital.

______

Editorial: Galaxia 2021
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • EXTRAORDINARIO

    EXTRAORDINARIO

    Antón Lopo
    €14,50

    PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2018 É unha novela sobre as relacións familiares e o amor, pero tamén sobre a aprendizaxe de vivir, a identidade, a ...

    Ver todos os detalles
  • A VIDA FÓRA

    A VIDA FÓRA

    Miguel Sande
    €12,50

    Despois de obter o Premio Repsol en 2006 con 'Se algún día esta muller morta', Miguel Sande volve con 'A vida fóra', outro convite para lectores ap...

    Ver todos os detalles
  • TES ATA AS 10

    TES ATA AS 10

    Francisco Castro
    €14,70

    Unha novela trepidante que non vas poder deixar de ler ata o final. Premio Frei Martín Sarmiento 2016 como Mellor Novela de Adultos.Antonio non da...

    Ver todos os detalles
  • DEMERARA

    Wagner G. Barreira
    €16,75

    Bernardo é un mozo galego que se criou nun orfanato de Vigo,daquela nos albores do seu espertar como a cidade dinámica que agora é. En 1918, tras d...

    Ver todos os detalles
  • O SONO DAS SEREAS

    O SONO DAS SEREAS

    Xosé Antonio Neira Cruz
    €14,50

    XI Premio de Narrativa Breve Repsol 2017Á beira do areal de Traba, na Costa da Morte, unha igrexa garda un segredo insospeitado e terrible. Á sombr...

    Ver todos os detalles