
Un grupo de amigas atópanse pola noite nunha casa especial. Semella que nela non habita ninguén. Pero hai unha estraña muller que parece que trae a morte con ela. Carlos Labraña, un dos nosos escritores de teatro máis importantes, entréganos unha historia negra onde nada é o que parece: en realidade, todo é moito peor do que parece. Unha historia de medo, en que cada sombra agocha unha pregunta. Labraña, Carlos Naceu en Cedeira en 1969. Fundou en 1988 o Colectivo Garola, dedicado á creación e montaxe de pezas de teatro infantil. Con eles participou na escrita de varias pezas dirixidas ao público máis novo, das que podemos salientar: O segredo de Daniel e A escada, ambas as dúas gañadoras do Certame Xeración Nós. Máis adiante, continua a escrita de maneira individual ou en colaboración cos seus irmáns Antón e Sabela con pezas como: O teatro dos soños; Indo para o Samaín, baseada na festa das cabazas; Os sons da buguina, finalista do Premio Meiga Moira; Teatro de xoguete, Premio Estornela; e Espantallo, Premio O Facho. Recentemente, formou o grupo de teatro Os Furabolos, para levar á escena ás súas obras.
____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego