
ENTRE O TERCEIRO REICH E OS ALIADOS. GALICIA E A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
A segunda sección, Galicia e os aliados, analiza as facetas que contribuíron a favorecer os intereses aliados. Estúdase a conivencia das redes norteamericanas e vaticanas para impedir a influencia nazi na Península; o labor dos servizos de información británicos en Galicia, como posible escenario dun desembarco aliado antes da invasión de Normandía, e finalmente faise unha aproximación á figura de Augusto Assía, rara avis de correspondente anglófilo.
A terceira sección repara na pegada cultural da Segunda Guerra Mundial en Galicia, tanto de maneira directa, a través do seu eco na literatura, como de maneira indirecta, a través da súa ausencia na tentativa de crear a Unión Cultural dos países da Europa Occidental, no exilio londiniense de 1942.
A Segunda Guerra Mundial é un lugar de memoria privilexiado que segue convocando tanto a memoria cambiante e acomodaticia como a historia evolutiva e atenta a cada presente. Un lugar de memoria no que Galicia, as súas xentes e a súa cultura deixan sinal.
____
Editorial: Consello da Cultura Galega 03-2023Idioma: Galego