Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ENTRE FRONTEIRAS

€15,50
ISBN 9788482886671
Entre fronteiras narra a historia da represión das comunidades evanxélicas en Galicia no primeiro terzo do século XX.

A nova novela de Xavier Alcalá forma parte dun proxecto narrativo centrado na historia nunca contada das comunidades evanxélicas en Galicia. Entre fronteiras narra a historia dunha represión. Partindo de feitos reais, a novela de Alcalá achéganos á verdade a través da ficción. As consecuencias de vivir cunhas conviccións relixiosas diferentes e as vicisitudes que o contexto histórico impón aos evanxélicos en Galicia constitúen a materia prima da triloxía «Evanxélica memoria», iniciada coa novela que agora se publica. Entre fronteiras supón un esforzo narrativo singular. A historia que conta Xavier Alcalá nesta novela comeza durante o reinado de Alfonso XIII e chega á Guerra Civil. As circunstancias e os personaxes son retratados coa exactitude dun escribán de xulgado e o pulso firme e apaixonante dunha narración que flúe dun xeito imparable. A base documental da novela está tomada directamente das conversas que o autor mantivo con membros da comunidade evanxélica en Galicia: os seus testemuños axudaron a Alcalá a tecer un relato de ficción narrativamente verosímil, amais de apaixonante polo que ten de historia vivida. Xavier Alcalá descobre unha parte ata o de agora descoñecida da nosa historia. O autor anuncia a continuación desta epopea do noso tempo noutras dúas novelas máis, Nas catacumbas e Unha falsa luz. Cada unha das partes da triloxía pódese ler de xeito independente, xa que abranguen distintos períodos da historia recente: a Guerra Civil, a posguerra e o franquismo ata a morte do ditador.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • NAS CATACUMBAS

    NAS CATACUMBAS

    Xavier Alcalá
    €15,50

    Unha posguerra cruel. A nova entrega da triloxía "Evanxélica memoria", proxecto narrativo co que Xavier Alcalá conta en clave de novela a represión...

    Ver todos os detalles
  • OS TRES DE NUNCA

    OS TRES DE NUNCA

    Nacho Taibo
    €23,00

    Entre frecuentes alusións a Castelao, a quen se homenaxea no propio título, Os tres de nunca é a historia do Bocoi, do Patacón e mais do Milorde, t...

    Ver todos os detalles
  • GUERRA CIVIL. QUE PASOU EN GALICIA E EN ESPAÑA

    GUERRA CIVIL. QUE PASOU EN GALICIA E EN ESPAÑA

    Federico Cocho
    €23,95

    Narra desde unha perspectiva global, o que ocorreu na Guerra Civil seguindo un fío galego, ao tempo que explica os sucesos en territorio galego enc...

    Ver todos os detalles
  • O ELEFANTE BRANCO

    O ELEFANTE BRANCO

    Xesus Fraga
    €11,50

    Unha trama na que se dan a man momentos clave e particulares na vida dun protagonista situado nesa fronteira que vai desde a adolescencia, ou pread...

    Ver todos os detalles
  • GALICIA-BRETAÑA OLLADAS COMPARADAS

    GALICIA-BRETAÑA OLLADAS COMPARADAS

    VV.AA
    €20,00

    Galicia e a Bretaña están marcadas, como xa viron os autores clásicos, por moitas semellanzas xeográficas e culturais. Son terras altamente romaniz...

    Ver todos os detalles