Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

EN VÍAS DE EXTINCIÓN

€21,00
ISBN Envíasdeextinción
Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas.

Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose como un elemento ecolóxico chamado a cambiar o humus da forma máis discreta pero imborrable posible, invocando a revolución de ser quen se é sen compromisos, a través de batallas sen reféns, e poñendo o que se pensa sempre por diante.Un día, o seu traballo como intérprete fai que a súa traxectoria se cruce coa da cantante de máis éxito do momento. Daquela, todas as certezas que ela manexara semellan estar en perigo. Ou, se cadra, é nesa intersección que de súpeto atopa onde as súas pólas de montañesa políglota e viaxada poden chegar ao máis fondo do ceo.En vías de extinción é unha novela que fala dos mundos que esvaecen pero aínda están aí, das persoas que loitan por mantelos e por transformalos dunha maneira única. En vías de exntición é unha novela escrita como as vetas das árbores que, dun xeito innovador, nos deixan percorrer das pólas ás raíces. Eis a diversidade cultural, as fendas entre a vida rural e urbana e o potencial de conxugar todas as marxes para facer delas o centro da vida propia.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • EN VÍAS DE EXTINCIÓN

    EN VÍAS DE EXTINCIÓN

    María Reimóndez
    €21,00

    Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte c...

    Ver todos os detalles
  • IRIA

    IRIA

    Anxo Angueira
    €20,00

    Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproa cara a horizo...

    Ver todos os detalles
  • O TABÚ NA TRASLENDA

    O TABÚ NA TRASLENDA

    Isidro Novo
    €15,00

    O autor, dándolle gozo á súa imaxinación, quixo facer notorio o seu optimismo cara ao futuro do medio rural galego que a día de hoxe aínda está nun...

    Ver todos os detalles
  • ARRAIANOS

    ARRAIANOS

    X. L. Méndez Ferrín
    €16,65

    A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro,...

    Ver todos os detalles
  • MEIGAS

    FOLGAR BREA, ESTEBAN
    €14,65

    Esta é unha novela sobre meigas, pero non son como ti cres. As desta novela non rouban nenos, non invocan diaños, non botan mal de ollo nin lle fan...

    Ver todos os detalles