
Blau, muller por decisión propia, lidera o seu pobo nunha revolta contra a inxustiza e a desigualdade. Moi lonxe, nunha terra invadida e desangrada pola guerra, Faheema observa como un helicóptero imperial cae abatido na base do lexionario Tichborne, soldado alistado nunha guerra sen final. Elas e el sobreviven nun mundo que agoniza, aparentemente dirixido polo Supremo Líder, Albert Sabaf. A partir desa diversidade de espazos, todas e todos acabarán por confluír nunha historia en que as mulleres han loitar por construíren o futuro. "As mulleres da fin do mundo" é unha novela de Daniel Asorey que nos deixa sen alento.
____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego