Francia * Bélxica * Alemaña
Na viaxe a Francia, Países Baixos e Alemaña, como pensionado da Junta para Ampliación de Estudios, Castelao descobre Europa, a súa xente, a súa sociedade, a súa arte, e déixao por escrito nun diario que non ten par nas nosas letras daquel tempo. Obra que é toda unha visión persoal do mundo das creacións estéticas, con ollos galegos, e que amosa un Castelao dono de todos os xogos do humor, onde importa moito canto di, pero é tamén digno de ser ponderado o xeito de dicilo.
Nesta persoal obra, “apreixa tanto a idea, que, ás veces, abóndalle unha soa verba para fixar, dun trazo, toda a situación dun artista”, que acompaña de cento doce debuxos “que son un exercicio de síntese, no achado dos rasgos esenciais, a carón das acotacións literarias”.
____
Editorial: Galaxia
Idioma: Galego