Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DESPOIS DE TI, A CHUVIA

€24,50
ISBN 9788498653984
Poesía, música e Caneiro en estado puro.

Neste novo libro-disco Xosé Carlos Caneiro, axudado pola voz de Emilio Rúa, agasállanos cunha viaxe poética moi singular. Nas súas propias palabras, tiradas do prólogo do libro, cóntanos: Quería cambiar o mundo: velaquí a razón da miña poesía. O mundo concreto e sensible, cercano: aquel que doía, levantaba, acariñaba ou cuspía. Quería cambiar o mundo, prometo. (…) Creo que a poesía é o que fai mover o silencio. Non encontro definición máis certa para este libro de versos e cancións. Poema e canto. Para os gregos eran a mesma cousa; en realidade, cantor e poeta resultaban idéntica voz. Orfeo congregaba coa súa lira a homes e mulleres, tamén a ninfas e deuses e musas inspiradoras, para que contemplasen o movemento invisible do silencio. Ás veces choraban os seres reunidos, arrancadas as bágoas polo silencio. Ás veces repousaban a súa alma e deixaban correr entusiasmo: náufragos de ventura, felices. Como escritor non encontrei aínda maior felicidade que un poema que emocione a quen o escoita (creo que a poesía sen emoción é unha mentira máis; unha acrobacia intelectual, hermética, críptica e voraz: carcome a literatura). Recito. Sempre. Camiño por diante, asfalto, nubes, quilómetros, verso por verso. (…) Con Despois de ti, a chuvia só pretendo mover o silencio. Emilio Rúa entendeuno. A súa sensibilidade danza en cada nota e transforma, transfórmanos. A poesía segue cambiando o mundo. Con perdón, afirmo.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • AS VOCES AMADAS

    Diéguez, Lois
    €20,00

    Poderías imaxinar, espertando unha mañá, mudado nunha cascuda enorme ao xeito do mestre Kafka. Ou, se non, entrando no tempo noso, mañá mesmo, troc...

    Ver todos os detalles
  • NO RETRATO DOS ALUSTROS

    NO RETRATO DOS ALUSTROS

    Emilio Araúxo
    €16,00

    Un libro para viaxar unha miga na orella de nube de palabra felo. E dous eixes de mundo, dous entroidos, o de Lumeares e o de Parada do Sil, que re...

    Ver todos os detalles
  • NA DEFENSA DOS ANIMAIS

    NA DEFENSA DOS ANIMAIS

    Roberto Abuín
    €18,00

    Entre a literatura e o pensamento ábrense territorios que a racionalidade mitopoética explorou ao longo dos séculos. Un deses lugares comúns no que...

    Ver todos os detalles
  • AD INFEROS

    AD INFEROS

    Mónica Sánchez
    €12,00

    É como un axóuxere de liberdade, un exercicio de da liberdade persoal. O título alude ao descenso de Ulises aos infernos que se conta na Odisea. Ha...

    Ver todos os detalles
  • SON GALEGO, SON CUBANO

    SON GALEGO, SON CUBANO

    Librería Abrente
    €25,00

    Libro+ CD con 12 cancións interpretados por Roi Casal. Se cadra, Pepe era un poeta e case nin nos decatamos. Se cadra, toda a súa vida, dende aquel...

    Ver todos os detalles