Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DEICHE OS OLLOS E MIRACHES AS TEBRAS

€17,00
ISBN 9788419213433

Despois de “Canto eu e a montaña baila”, Irene Solà regresa cunha novela exuberante repleta de historias malditas e personaxes atemporais.
A masía Clavell está agochada nun remoto posto nos montes de Les Guilleries. Resiste en tempos de guerra, rodeada de cazadores, bandoleiros, carlistas, maquis, pantasmas e demos. Habitada por mulleres, vivas e mortas, desprezadas por bruxas, feas, malfeitoras e retranqueiras, os seus cuartos gardan centos de anos de recordos: os de Joana quen para atopar un marido fixo un pacto que orixinou unha proxenie maldita; os de Bernadeta, a quen lle botaron tanta auga con tomiño nos ollos cando era nena que acabou vendo o que non debía. Ou os de Blanca que naceu sen lingua e xa non fala, pero observa. Unha obra máxica chea de luz, morte, encantamentos e fabulacións.
Despois do éxito internacional de “Canto eu e a montaña baila”, traducida a máis de 30 linguas, adaptada ao teatro e convertida en obra sinfónica, Irene Solà volve a invocar unha simbiose harmónica e desbordante de imaxinación, tradición, viscelaridade e prosa poética.
A edición en galego conta coa tradución de María Alonso Seisdedos que, en 2022, recibiu o Premio Follas Novas á Obra Traducida, o xx Premio de Tradución Plácido Castro e o x Premio Ramon Llull pola súa tradución de “Canto eu e a montaña baila”.

Tradución de María Alonso Seisdedos

Coa súa terceira novela, a moi nova autora catalá consolídase como unha das voces máis orixinais e potentes da narrativa actual. Os vimbios da súa literatura son a capacidade de actualizar o folclore, a superación dos límites do realismo e a prosa poética. Personaxes femininas que viven nunha masía inesquecible, fóra do tempo, en conflito cun mundo que non comprende xa a forma tradicional de relacionamento coa natureza.

BIOSBARDIA

____

Editorial: FAKTORIA K 10-2023

Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • AS CHAMADAS PERDIDAS

    AS CHAMADAS PERDIDAS

    Manuel Rivas
    €17,00

    Como cando as paredes oen aos amantes, “Así, máis, máis, máis”, estes novos relatos de Manuel Rivas, o autor de A lingua das bolboretas e O lapis d...

    Ver todos os detalles
  • A IRA DOS MANSOS

    A IRA DOS MANSOS

    Manuel Esteban
    €17,30

    O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que...

    Ver todos os detalles
  • A VOZ DO MOSQUITO

    FRANCISCO GARCÍA NOVIO
    €17,90

    O formato literario de relatos curtos permite definir sentimentos diferentes en cada un deles, baixo o paraugas da fina ironía e profundidade de p...

    Ver todos os detalles
  • OS NOMES DO VENTO

    OS NOMES DO VENTO

    Juan Andrés Fernández Castro
    €17,00

    As historias que compoñen este libro apuntan nas máis diversas direccións, tanto temáticas coma estéticas, e son froito dun delongado proceso creat...

    Ver todos os detalles
  • O ELEFANTE BRANCO

    O ELEFANTE BRANCO

    Xesus Fraga
    €11,50

    Unha trama na que se dan a man momentos clave e particulares na vida dun protagonista situado nesa fronteira que vai desde a adolescencia, ou pread...

    Ver todos os detalles