
A existencia de miles de galegas e galegos que non están dispostos a renunciar aos seus dereitos lingüísticos é a maior esperanza para superarmos a difícil situación actual e isto centra o compromiso individual como protagonista para conquistarmos o futuro. Por este motivo, o autor ofrécenos unha guía de conduta para vivirmos en galego, chama a un consumo responsábel co noso idioma e fai un repaso moi claro por sectores dos dereitos lingüísticos que temos recoñecidos.Como afirma o propio Carlos Callón nas «Instrucións de uso», o capítulo con que abre o libro, «queren cansarnos e facernos pensar que o futuro do galego está decantado cara ao patíbulo. Mais a desaparición ou recuperación dunha lingua nunca é un proceso espontáneo. Podemos intervir e rectificar a situación actual», porque cada decisión que tomamos no presente modifica os futuros posíbeis.
____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego