
Ó comezarmos a lectura váisenos desvelando e explicando a imaxe, agás en «Mónica dos dous paraugas» e mais en «A volta do rodeo», relatos nos que temos que agardar ó final para descubrir o que une imaxe e texto. Habitantes do país da chuvia, Paco Martín e Daniel Puente Bello poñen o foco nos paraugas para facelos protagonistas deste libro. “Hai moitas historias de paraugas na miña provincia galega e todas as que coñezo supoñen que os paraugas voan” Álvaro Cunqueiro.
____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego