Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

COMANDO IGUALDADE

€19,50
ISBN 9788412249972

«O Comando foi fogar», «no Comando descubrín todas esas violencias que me atravesaban dende sempre», «non sería a activista que son agora se non fose por el». En Vigo, leva anos xestándose un comando revolucionario que busca a igualdade de xénero e que marca para sempre a vida dunha mocidade que quere un cambio.

Neste libro, Chis Oliveira e Priscila Retamozo contan a historia do Comando Igualdade. Descubre o porqué da súa formación, descubre os valores que promove e comeza a ver o mundo a través dunhas lentes violetas que… unha vez postas, non has quitar xamais.

Un manual introdutorio para xente moza, e non tan moza, interesada en mudar a realidade patriarcal. A revolución comeza nas aulas!

Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas! explica o porqué da formación deste colectivo vigués integrado por adolescentes que foi tomando forma nas aulas de Filosofía dun instituto, o debate social e transversal que busca xerar a mocidade que o conforma e a necesidade de que exista un Comando Igualdade non só en todos os centros de estudos, senón tamén en calquera recuncho da sociedade.

Nun mundo que nos ensina a odiarnos, querérmonos é revolucionario. Chis Oliveira e Priscila Retamozo, ao comezo mestra e alumna, e agora compañeiras, son as autoras deste manual para desaprender condutas sexistas que non sabiamos que tiñamos inculcadas e automatizadas, para deixar atrás a miopía dos prexuízos que non nos deixa ver con nitidez e para pór en práctica a equidade, a empatía e a corresponsabilidade de forma colectiva e horizontal, e dende unha perspectiva ecofeminista.

A revolución comeza nas aulas! Soñamos con comandos en todas as realidades (na escola, no traballo, nos adestramentos, nas clases de pintura…), e neste libro tes as chaves para formar o teu. Fai parte do cambio e consigue que a igualdade sexa a verdadeira medida de todas as cousas.

A edición conta cun prólogo de Ledicia Costas.

____

Editorial: Catro Ventos
Idioma: Galego