Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CIDADES NO TEMPO: VIGO

por VV. AA.
€30,00
ISBN 9788445354650

 

Vigo no tempo é unha celebración do fenómeno urbano en Galicia e a súa contribución á configuración da identidade local e galega, centrada na cidade de Vigo. O enfoque expositivo parte da memoria do visitante para deconstruír o espazo urbano e comprender as claves do seu cambio, relacionando as transformacións da cidade coas lembranzas locais. A mostra entende a cidade como un sistema cultural que constrúe parte da identidade dos seus habitantes e explorará esa rede de símbolos, palabras e relatos compartidos que son tamén herdeiros do tempo.

A EXPOSICIÓN

A iniciativa está organizada pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, coa colaboración de Afundación (Obra Social ABANCA). O relato expositivo explora a cidade dende as súas orixes ata a actualidade cunha combinación única de obxectos de alta cultura e cotiáns, obras de arte, documentación histórica, mapas e planos, recreacións virtuais, fotografías e publicacións. Unha oportunidade de afondar no Vigo máis coñecido e de descubrir os aspectos esquecidos ou descoñecidos dende moi diversas perspectivas: os fitos históricos e os mitos, o desevolvemento urbanístico, a economía e a industria, o lecer ou a cultura. 

A mostra parte dunha visión de Vigo como un lugar cunha profunda vontade de constituírse como unha gran cidade. Así, fai un percorrido pola realidade dunha urbe que medrou nun territorio xa intensamente habitado incluso antes de que existira esa propia idea de cidade. Baixo esta premisa, o traxecto abrangue as relevantes infraestruturas a nivel comercial, cultural e de comunicacións, enfocadas en acadar ese obxectivo. Un camiño que repasa, ademais, pezas arqueolóxicas de grande importancia, os documentos fundacionais, algunhas das imaxes máis antigas da cidade e mesmo grandes proxectos que non saíron adiante.

A exposición coloca nun mesmo escenario dende o Vigo industrial (vinculado ao mar e outras entidades destacadas como Citroën) ao editorial, pasando pola influencia do Cable Inglés nos costumes e no lecer, polo Vigo da Movida ou do Grupo Atlántica, ata o Vigo do mar e as lendas.

Á fronte do proxecto está Manuel Gago, doutor en Ciencias da Comunicación e director de culturagalega.gal do Consello da Cultura Galega. Para esta mostra conta co asesoramento, como coordinador local, do columnista e editor de Xerais entre 1994 e 2018, Manuel Bragado. Así mesmo, colaboran institucións relevantes para esta cidade, coleccións particulares e recoñecidas entidades empresariais. 

 ____

Editorial: XUNTA 3-2023

Idioma: Galego/Castellano

También te podría interesar...

  • CIDADES NO TEMPO: A CORUÑA

    VV. AA.
    €30,00

    A Coruña no tempo é unha celebración do fenómeno urbano en Galicia e a súa contribución á configuración da identidade local e galega, centrada na c...

    Ver todos os detalles
  • CIDADES NO TEMPO: FERROL

    VV. AA.
    €25,00

    Ferrol no tempo é o catálogo da segunda exposición que se pon en marcha das sete mostras que conforman un proxecto máis amplo, Cidades no tempo, qu...

    Ver todos os detalles
  • CIDADES NO TEMPO: SANTIAGO DE COMPOSTELA

    VV. AA.
    €25,00

    Santiago de Compostela no tempo é o catálogo da primeira exposición que se pon en marcha das sete mostras que conforman un proxecto máis amplo, Cid...

    Ver todos os detalles
  • CIDADES NO TEMPO: OURENSE

    VV. AA.
    €30,00

    Ourense no tempo é una celebración del fenómeno urbano en Galicia y su contribución a la configuración de la identidad local y galega, centrada en ...

    Ver todos os detalles
  • A FESTA DO ENTROIDO

    A FESTA DO ENTROIDO

    Librería Abrente
    €15,00

    O libro reúne información recollida nun amplo traballo de campo ao longo dos anos e achega reflexións e análises para explicar o Entroido galego do...

    Ver todos os detalles