Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CARTOS

€15,00
ISBN 9788412600742

Polo marco, a temática, as características da protagonista e o desenlace, Cartos (1885) ten moito de novela autobiográfica, e fai que Benedictsson brille con luz propia dentro da corrente feminista sueca do século XIX, co foco posto na institución do matrimonio, na eventual separación e, dun modo máis xeral, nas limitacións impostas ás mulleres, para o caso as burguesas.

Selma Berg, de dezaseis anos, soña con formarse como artista e poder, nun futuro, facer da pintura a súa profesión, até que o seu tío, quen a tutela, lle traslada a tentadora proposta de matrimonio realizada por Pål Kristerson, un vello terratenente de físico pouco agraciado. Casar con el implicaría renuncias, pero tamén unha estabilidade financeira, así como grandes comodidades e luxos. Velaí o primeiro de varios dilemas que se lle presentarán. Así mesmo, sempre en paralelo, irase desenvolvendo unha peculiar e cambiante relación da moza co seu curmán Richard, un namorado da medicina. Selma representa omodelo de esposa intelixente (máis ca o marido) pero subxugada, escravizada mesmo, e sen apenas posibilidades reais de emancipación. Nese sentido, nun momento dado, a protagonista describe un cuarto de seu –a posibilidade dun mundo propio e propicio para a evolución persoal–, medio século antes de que o faga Virginia Woolf na súa afamada obra.

Tanto a figura de Benedictsson coma o seu legado literario e esta obra en particular levan décadas sendo obxecto de pormenorizados estudos por parte da crítica feminista.

____

Editorial: Hugin e Munin 03-2023
Idioma: Galego