
As Cartas das Heroínas constitúen unha obra peculiar dentro da produción do vate. Preceden inmediatamente a triloxía Amores, Remedia amoris e Medicamina faciei femineae (Afeites para o rostro da muller), e retoman a súa esencia nas Tristia (Tristes) e nas Epistulae ex Ponto (Pónticas). Esta obra presenta dúas características que poderiamos emparellar coas devanditas obras: o protagonismo da mitoloxía e a súplica polo regreso.
____
Editorial: RinoceronteIdioma: Gallego