Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CARTAS Á FISGONA

€9,90
ISBN 9788487882102
Durante o mes pasado estiven espiando á porteira, unha vella fisgona. O que aquí presento son imaxes que non me pertecen e a ela tampouco. Os inquilinos poderían reclamar o seu dereito de intimidade pero non se saben espiados.

'-autor prohibido- · inquilinos: vítimas da curiosidade dunha vella porteira. · porteira fisgona: vítima da miña traizón. · Eu: a cotilla · Ti : outro fisgón É unha vella egoísta. Sempre estivo viúva. Compartir vidas alleas pero en silencio esmiuzadas coidadosamente e coidadosamente apiladas como vivencias propias-reside no baixo e (por suposto) vive en todos os cantos do edificio. Leva inscrita na fronte a súa divina misión: veladora de inquilinos. Non os coida: celosamente aloumiña as súas vidas en secreto. Espreita os seus espacios e coñece todos os medios para ler cartas a contraluz. -Cartas á fisgona- Todo o correo é espiado. Ela le no interior dos sobres cerrados que non lle pertencen. Como boa conselleira completa as cartas co seu puño e letra pero en sobres á parte que se envía a si mesma- autocartas da porteira – Cando as recibe leas ao trasluz e destrúeas. Como inquilino eu tamén recibo cartas xa espiadas. Como segunda fisgona eu tamén mas escribo. Dedícollas a ela e envíomas – autocartas á porteira : “Querida porteira…” Tamén coido de que estas cartas permanezan en secreto: a letra é ilexíbel. Pode lelas ao trasluz pero non pode descifrar o texto. Ela tamén é secretamente traizoada. Espacios espiados/visitas a espacios momentaneamente abandonados – Asumo as súas obsesións. Persígoa e repito os seus movementos. Piso onde ela xa pisou. Ela dicta o percorrido. Rut Massó

____

Editorial: CEF
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • FOSFORESCENCIAS

    FOSFORESCENCIAS

    Lupe Gómez
    €16,90

    “Cando xa ninguén escribe cartas a man” —afirma a autora na introdución—, ela decide manter correspondencia con amizades e diversas personalidades ...

    Ver todos os detalles
  • ÁMOTE LEO A. TERMINAL DE... CHEGADAS?

    ÁMOTE LEO A. TERMINAL DE... CHEGADAS?

    Librería Abrente
    €14,00

    «Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo.....

    Ver todos os detalles
  • FORMAS DE SER

    FORMAS DE SER

    ANDREA COSTAS
    €9,90

    O que facemos non é o que somos, pero os nosos actos van deixando un regueiro da propia vida nos lugares que habitamos.INCORPORADOS Eles son o que ...

    Ver todos os detalles
  • TERRADENTRO

    TERRADENTRO

    Xosé Benito Reza
    €19,00

    Nunha vila galega do interior, próxima á fronteira, a vida fervía a mediados do século pasado. Era un mundo onde a luz a puñan os paisanos das alde...

    Ver todos os detalles
  • OS LAPIS PRIMOS

    OS LAPIS PRIMOS

    José A. Ramírez Lozano
    €15,50

    Xa sabemos que para escribir podemos utilizar lapis, bolígrafos, plumas, rotuladores, xiz... mais, que pasaría se tentásemos facelo cos primos dos ...

    Ver todos os detalles