Xa non existe a Era Superficial no planeta Terra. Tras o Gran Cataclismo, a humanidade sobrevive soterrada nas Colmeas, estruturas elípticas con minúsculos cubículos hexagonais onde dormen os seus habitantes. Iolanda é unha adolescente que, xunto a súa filla e o seu curmán, vive nunha destas Colmeas baixo a tiranía da Raíña e a escaseza de auga, un ben que se converteu no artigo máis prezado do mundo e polo que a xente é mesmo quen de matar. Iolanda sábeo: a estraña aparición dun cadáver desencadea unha serie de acontecementos que farán que xa nada volva ser o que era.
Curtos “Os Viadutos”, o XXVI Concurso Literario Xaime Illa Couto (2018) e o Certame Literario de Cambre. Con obras autotraducidas ao castelán gañou o 1o premio do V Certamen de Relatos “Pablo de Olavide” de La Luisiana (Sevilla, 2016), o 1º premio do XIX Certamen de Poesía y Relato Corto “Dafne” de Oviedo (2016), o 2º premio no XXIV Certamen Literario “Mujerarte” de Lucena (Córdoba, 2016) e obtivo unha mención especial no XIII Concurso de Microrrelatos Mineros “Manuel Nevado Madrid” de
Oviedo (2016).
Colabora coa revista Luzes e Diario Público, e cos seus artigos de opinión acadou os premios Johan Carballeira de Xornalismo 2022 e o Mulleres que opinan 2024.
No 2025 foi galardoada co Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil por Bragakadabra.
____
Editorial: Cuarto de inverno
Idioma: Galego
Colección: XUVENIL
Páxinas 115
Colección: XUVENIL
ECOLOXISMO
ECOFEMINISMO