Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

BE WALTER II: TERRA

€15,50
ISBN 9791399013849

Xa non existe a Era Superficial no planeta Terra… ou si, porque o Gran Cataclismo non rematou con todos os seres humanos do Exterior. Iolanda e a súa filla Lucrecia conseguen deixar atrás as súas miserentas vidas na Colmea pagando un prezo moi alto. E agora que están fóra, a moza terá que facerse preguntas que nunca afrontara: que futuro quere para a súa nena? E para ela mesma? Que sente por Aquiles? Mentres se afán a todo o novo que as arrodea, a Raíña e os seus esbirros conspiran para o único que lles importa: incrementar o seu poder, custe o que custe e á custa de quen sexa. Ou terá Hera un talón de Aquiles?

Be Water II: Terra é a segunda parte desta distopía sobre o que estamos dispostos a facer para colmar os nosos desexos, sen importar que ou a quen levemos por diante.


Antía Yáñez (Burela 1991). Devorou libros como elemento principal da súa dieta na infancia e agora escribe como complemento alimenticio. Formouse no relato curto, comezando cos certames locais. Xa adulta, gañou premios como o XI Certame de Microrrelatos “Lonxa Literaria” (2013), o de Relatos  Curtos “Os Viadutos”, o XXVI Concurso Literario Xaime Illa Couto (2018) e o Certame Literario de Cambre.
Con obras autotraducidas ao castelán gañou o 1o premio do V Certamen de Relatos “Pablo de
Olavide” de La Luisiana (Sevilla, 2016), o 1o premio do XIX Certamen de Poesía y Relato Corto “Dafne” de Oviedo (2016), o 2o premio no XXIV Certamen Literario “Mujerarte” de Lucena (Córdoba, 2016) e  obtivo unha mención especial no XIII Concurso de Microrrelatos Mineros “Manuel Nevado Madrid” de  Oviedo (2016).
No ano 2016 publica 
O misterio de Portomarín (Galaxia), que ten a súa continuación en O misterio do torque de Burela (Galaxia, 2019). En 2018 gaña o Premio Illa Nova con Senlleiras e o I Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade co álbum ilustrado, A reconquistaBe Water, foi finalista I Premio María Victoria Moreno de Literatura

Colabora coa revista Luzes e Diario Público, e cos seus artigos de opinión acadou os premios Johan Carballeira de Xornalismo 2022 e o Mulleres que opinan 2024.

No 2025 foi galardoada co Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil por Bragakadabra.

____

Editorial: Cuarto de inverno
Idioma: Galego
Páxinas 272
Colección: XUVENIL
ECOLOXISMO
DISTOPÍA
COMUNIDDE
AUTICRÍTOCA