Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

BANQUEIROS

€20,00
ISBN 9788484872269

Parece evidente que, cando falamos de “crise”, estamos a empregar un vulgar eufemismo tras o que se agacha un calculado e programado saqueo da mafia financeira internacional para acabar de vez cos logros acadados pola clase traballadora no decurso dos séculos: Seguridade Social, ensino e sanidade públicos, dereito a un traballo digno, vacacións remuneradas, etc.

Non é casual a demonización que se está a facer na actualidade da figura dos funcionarios e funcionarias, pois non se pode admitir que no futuro existan persoas que gocen dun emprego de por vida e que, ademais, militen nalgún sindicato de clase ou secunden as folgas, algo impensábel para quen “goza” dun traballo temporal e renovábel en función da súa “docilidade” cun sistema corrupto.

O Teatro –xunto cos púlpitos– foi secularmente, por mor do elevado índice de analfabetismo, o principal medio de comunicación de masas... Por esa razón, consideramos que nas actuais circunstancias, o xénero dramático debe recuperar ese necesario protagonismo, denunciando o que outros silencian, ocultan ou manipulan.


____

Editorial: Laiovento 2012

Idioma: Galego