
A lenda que se teceu arredor do poeta de Taramancos encobriu a importancia da súa obra no panorama da literatura galega do século XX. A imaxe de escritor boemio, aventureiro, cazador de tigres, taberneiro… escureceu unha intensa traxectoria dedicada ao cultivo literario, nomedamente poético, unha vocación decidida por Avilés desde neno. Por encima desa vida azarosa de certas etapas da súa vida, inzada de episodios e anécdotas, que se recuperan nesta biografia, está a personalidade dun home sensíble, vocacionalmente entregado, rebelde, comprometido coa súa terra e coa súa lingua, e autor dunha excelente obra poética, que o situa nun lugar de relevo nas Letras Galegas.
____
Editorial: ToxosoutosIdioma: Gallego