Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS VINTE FADAS DE LALA RUS

€10,00
ISBN 9788411763288

Lala Rus descóbrenos unhas fadas que cantan as súas propias cancións, mais tamén exercen de bibliotecarias, pescantinas, adestradoras, labregas, actrices, voluntarias en oenegués, fotógrafas... Ademais, por teren a condición de fantásticas, poden ir aos salóns de peitado de sereas, ser amigas do Eco, xogar coas nubes, competir en carreiras de canguros e voar no cantar do cuco.

Babarro González, Xoán
Natural de Calvelo de Zorelle, no concello ourensán de Maceda (1947), compaxina o ensino e a investigación coa creación literaria. Doutorouse en Filoloxía cunha tese sobre o galego de Asturias, unha variante lingüística que utiliza en obras de creación como Píllaras. Canciois del Navia. Foi galardoado co Premio Pura e Dora Vázquez de narración (con Palabra era un universo paralelo) e co Premio Arume de poesía (con A princesa de Taramundi), entre outros. Obras súas son Hilario e os tres medos (2017), Sálice e Sándala. Salvados por unha uña negra (2022) e Garabitolas (2023). Nesta nosa colección de Galaxia publicou As máscaras do profesor Robindra (2015), Teño oito anos e quero ser youtuber (2019) e Carliños capitán! (2022), entre outras.

____

Editorial: Galaxia 08-2024

Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • SEMPRE HAUSA

    Babarro González, Xoán
    €12,40

    A historia dun rapaz novo obrigado a cambiar de mundo e que a pesar de todo non deixa de ser el mesmo. Abduhali é un rapaz nacido en Áf...

    Ver todos os detalles
  • TEN, TEN A MIÑA CASA TEN

    Babarro González, Xoán
    €10,00

    Atletas, augas, aureanas, barbantesas, barcas, barcos, bardos, beléns, bruxas, buguinas, buxainas, cabaliños, camiños, campás, carreiros, doces, dr...

    Ver todos os detalles
  • MOUCHIÑO MOU

    Babarro González, Xoán
    €11,15

    Na vella sobreiraque bebe no ríonaceu unha noiteno medio do frío... Pequerrechiño...avultaba menosque un dedo maimiño.Que será de ...

    Ver todos os detalles
  • UBASUTE

    Paula Carballeira
    €12,00

    Hai linguas que só teñen unha palabra para o abandono, pero iso non quere dicir que non haxa diferentes maneiras de deixar para sempre algo, ...

    Ver todos os detalles
  • PIRATA PREGUNTA POR TI

    Fernández, Ana María
    €12,00

    Miau! Pirata chama cada día por ti, avoa. Semella que busca a túa sombra por toda a casa e, aínda que se faga o durmido sentado na t...

    Ver todos os detalles