Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS PEDRAS VERDES

€13,95
ISBN 9788411105828

Nunha aldea á beira do río Uaupés, na selva amazónica, vive un mozo chamado Caique. Dende hai algún tempo anda na procura da súa nai. O pai elude calquera conversa relacionada co asunto, porén, todas as pescudas do rapaz apuntan a que a nai vive no Reino das Icamiabas, unha tribo composta integramente por mulleres guerreiras que non aceptan a presenza masculina nas súas terras. Comeza así unha viaxe repleta de emocións e aventuras, onde a maxia, o folclore e a realidade se mesturan con marabillosas paisaxes e algún romance secreto. Todo baixo a atenta mirada do exuberante Amazonas, que flúe libremente esparexendo a vida alá por onde pasa. En palabras do xurado que outorgou o XVII Premio Raíña Lupa, esta é «unha novela que conta tamén a conquista de América desde un punto de vista pouco habitual, na cal a violencia, a vulnerabilidade e o medo son tamén temas centrais»

____

Editorial: Xerais 2022
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • FINAL FELIZ

    Xavier Queipo
    €16,95

    Os de «Final feliz» son relatos en carne viva, un mando de historias para espertar conciencias ou establecer a ponte entre o real e o imaxinario, e...

    Ver todos os detalles
  • ESTRANXEIRAS

    Carmen Granxeiro
    €17,50

    A condutora da Kawasaki negra chega a Santa Mariña de Augas Novas sen intención de ficar, inmersa nunha fuxida que a fixo abandonar Berlín ás présa...

    Ver todos os detalles
  • A CAIDA DE GUIOMAR

    Alba Rozas
    €14,00

    A miña primeira novela de Fantasía Épica Galega presenta a viaxe da cativa Aima e da guerreira Tegra para salvar o reino de Eabaca e os seus habita...

    Ver todos os detalles
  • A MAN DOS PAÍÑOS

    A MAN DOS PAÍÑOS

    Manuel Rivas
    €17,00

    Unha maneira perturbadora de definir Galicia sería falar dun país productor de emigrantes e náufragos. Eles son os protagonistas de A man dos paíño...

    Ver todos os detalles
  • MATARAN A REBOIRAS

    Luís Rei Núñez
    €23,95

    No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Reboiras cae abatido logo dunha asañada pe...

    Ver todos os detalles