Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS ILLAS DOS DEUSES

€23,50
ISBN 9788491217008

Bos Aires, 1948. Castelao acaba de pronunciar o discurso "Alba de groria" nun momento en que xa sabe que ten a doenza do cancro. É entón cando aparece na cidade arxentina un sicario do goberno franquista coa encarga de matar a Castelao. De súpeto, por un motivo inesperado, o pasado volve con forza á memoria do galeguista trasladándoo a un verán que vivirá na Illa de Ons. A presenza do sicario, personaxe abxecto, responsable de "paseos" e asasinatos tras o estoupido da Guerra Civil e membro da policía secreta de Franco, leva a Castelao a ese verán que, cando era novo, pasara na illa reflexionando e pintando, enfrontándose ao feito de que non desexaba practicar a medicina. A medio camiño entre a ficción e a realidade histórica, "As illas dos deuses" é unha apaixonante novela de intriga construída a partir da reinvención da nosa historia e da vida dunha das figuras máis míticas da cultura galega.

Serafín Parcero Pérez, nado en Moaña o 25 de xullo de 1955, é un mestre e escritor galego. Exerceu de mestre ata a súa xubilación como profesor no IES María Soliño de Cangas do Morrazo.  Desde novo participou na vida social, cultural e deportiva da súa vila e estivo vencellado á narración e ao teatro infantil. Como escritor, iniciouse no ámbito do microrrelato no ano 2000 e varios dos seus textos recibiron diversos premios. Cultivou a poesía social. Influído pola súa profesión, comezou a escribir contos e teatro para nenos. Iniciouse no ámbito do microrrelato no ano 2000. Colaborou no recompilatorio Póker de d(r)amas e na publicación As escolas de Cangas (Asociación Cultural A Cepa.

____

Editorial: Xerais 12-2020
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO

    O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO

    Luís Rei Núñez
    €18,00

    Un título que agranda o territorio conquistado polas letras galegas. Unha regalía para os lectores. Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena ca...

    Ver todos os detalles
  • O ATALLO

    MIQUEL MARTÍN I SERRA
    €18,00

    O narrador e protagonista desta novela vainos contando o seu paso da infancia á adolescencia con tal naturalidade que poderiamos lelo por toda a e...

    Ver todos os detalles
  • MISS OURENSE

    MISS OURENSE

    Bieito Iglesias
    €14,50

    Miss Ourense reúne catro relatos de corte detectivesco, todos eles desenvolvidos no Ourense dos últimos anos sesenta e protagonizados polo inspecto...

    Ver todos os detalles
  • FONTÁN

    FONTÁN

    Marcos Calveiro
    €19,70

    Esta novela conta a vida de Domingo Fontán. Desde o seu nacemento en Porta do Conde (Portas 1788) aos seus días finais no balneario de Cuntis (1866...

    Ver todos os detalles
  • ROMARÍAS E SANTUARIOS

    ROMARÍAS E SANTUARIOS

    Antonio Fraguas
    €23,90

    Un percorrido histórico e unha guía útil para o coñecemento dunha parte importante do noso patrimonio espiritual.Antonio Fraguas, gran coñecedor da...

    Ver todos os detalles