
Era aquilo que estaba vivindo ou a posibilidade de algo diferente? Desde a domesticación ata a liberación salvaxe, Clara tentará, facendo o camiño inverso do can ao lobo, reconstruírse para reconstruír o mundo que a rodea. Un proceso no que non avanzará soa: Gaia, MK, Aurora, Saínza e unha morea de cans marcarán un camiño no que amar non consista nos soños que nos venden e se centre en desatar o salvaxe; en atopar a manda. Esta nova entrega do Ciclo dos elementos explora os límites do amor, do arraigamento e da nosa capacidade para crear mandas que nos protexan no día a día dos afectos.
____
Editorial: Xerais 09-2019Idioma: Galego