Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS CUNCHAS BALEIRAS

€15,00
ISBN 9788412686340

As cunchas baleiras recolle poemas que Branca Novoneyra escribiu ao longo da última década. Algunas veces o poema desaparece, non queda nada (ou case), agás o que ela, como autora, pode soster no tempo. En certo modo, este libro funcionaría como unha antoloxía onde aparecen os poemas que, ao seu xuízo, resistiron esa peneira. Branca Novoneyra está a favor do silencio poético para encontrar a palabra xusta. Non lle interesa producir libros, senón concentrar a palabra, tensala, probala no tempo e, se é verdadeira, logo gardala. Interésalle a linguaxe simbólica e mítica da poesía da imaxinación, a utilidade da beleza da que fala Kathleen Raine, a mente salvaxe de Gary Snyder e o pensamento raposo de Ted Hughes.
Gardar a obra de Uxío e traballar con ela diariamente convoca –segundo as súas palabras– unha forma radical de entendemento da poesía, do idioma e de Galicia. Gardar a palabra, a súa e a doutros poetas que forman parte do seu ámbito de coidado como Carlos Oroza e María Mariño, ten unha influencia distinta nos últimos dez anos de vida escrita. Facer fronte e volver a camiñar despois dunha longa enfermidade e a acción política son centrais neste libro. A cidade das cunchas baleiras, por suposto, é Compostela.

Branca Novoneyra naceu en Lugo (1976) e pasou a infancia no Courel, pero practicamente toda a súa vida está en Compostela, cidade na que vive desde os sete anos. Licenciouse en Ciencias Políticas pola USC e dedicouse durante unha década (2002-2013) á creación coreográfica e docencia da danza co Laboratorio de Movementos. Xunto a Olalla Cociña, programou os Picaversos. Publicou dous libros de poemas Dentro do Labirinto (Espiral Maior, 2009) e Cristal Escuro (Follas Novas nos Libros da Frouma, 2012). Tamén foi concelleira de Acción Cultural no Concello de Santiago (2015-2019). O seu traballo é o de gardar o legado de Uxío Novoneyra, o seu pai, na Fundación que leva o nome do escritor en Parada do Courel. Dirixe o Festival dos Eidos, tamén no Courel.

 

____

Editorial: Chan da Polvora 09-2023
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • GROELANDIA

    FERNANDEZ DAVILA, FRAN
    €22,95

    PREMIO NARRATIVA B.REPSOL 2023 Comeza 1995, o ano da guerra do fletán entre Canadá e os pesqueiros galegos quetraballan preto de Terra Nova. Un mar...

    Ver todos os detalles
  • ICARAS

    LABRAÑA, CARLOS
    €11,50

    PREMIO O FACHO DE TEATRO INFANTIL 2022 Lía garda un segredo, a súa nai fíxolle unhas ás con plumas de cores, pero non lle ensinou a voar. Ana...

    Ver todos os detalles
  • ECONOMÍA E POESÍA. RIMAS INTERNAS

    Yolanda Castaño
    €23,00

    PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2023 Os lastres que dende hai séculos teiman en mistificar o oficio poético afástano unha e outra vez...

    Ver todos os detalles
  • TODOS OS LONXES

    Xague, Breogan
    €19,00

    Todos os lonxes funciona como unha caste de diario dalguén con 21 anos que marcha ao estranxeiro. A partir dese arrinque, o autor –un arti...

    Ver todos os detalles
  • UBASUTE

    Paula Carballeira
    €12,00

    Hai linguas que só teñen unha palabra para o abandono, pero iso non quere dicir que non haxa diferentes maneiras de deixar para sempre algo, ...

    Ver todos os detalles