Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OÍR

€21,00
ISBN 9788491212959
A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar.

A proxección de si mesma na cidade, o rexeitamento e a vergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vilalba, ese lugar que tanto detesta, onde coñeceu unha das persoas máis importantes da súa vida: a súa amiga Saínza. Dende a súa liña de saída torta, Aurora busca seguir correndo cara adiante sen matinar no percorrido, concentrada no seu traballo como xornalista de deportes e nos espazos dunha vida na que todo, en aparencia, está dentro do agardado. "As cousas que non queremos oír" explora o alleamento, os límites do corpo e a enfermidade, os afectos e a busca das certezas cando o mundo enteiro se esfarela. Porque de cando en vez a vida nos interroga sen que poidamos atopar respostas definitivas, máis que a forza de afondar na nosa propia debilidade para renacer.Nesta nova entrega do "Ciclo dos elementos", Reimóndez entrecruza os fíos das protagonistas de entregas anteriores cos de Aurora para continuar creando un universo literario único no que as lectoras son quen de compoñer tamén a historia a partir de cada unha das novelas independentes. Despois de "En vías de extinción", "A música dos seres vivos" e "Dende o conflito", "As cousas que non queremos oír" transita unha nova forma de enfrontarse á migración e o desprazamento e traza novas interaccións e perspectivas das personaxes xa coñecidas, como Gaia, MK ou Saínza Combarro.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • O CERVO NA TORRE

    O CERVO NA TORRE

    Darío Xohán Cabana
    €17,65

    Premio Xerais de Novela, 1994 Segundo as propias declaracións do autor:Eu decateime de que o meu era escribir sempre o mesmo libro, un libro compo...

    Ver todos os detalles
  • NA DEFENSA DOS ANIMAIS

    NA DEFENSA DOS ANIMAIS

    Roberto Abuín
    €18,00

    Entre a literatura e o pensamento ábrense territorios que a racionalidade mitopoética explorou ao longo dos séculos. Un deses lugares comúns no que...

    Ver todos os detalles
  • SAROU LOUZÓS

    SAROU LOUZÓS

    Ramón Caride
    €17,00

    Durante máis de vinte anos, a obra narrativa de Ramón Caride, paralelamente a outras xeiras e debalos mundo adiante, foi poboando os seus dous luga...

    Ver todos os detalles
  • TINTA

    TINTA

    Inma López Silva
    €14,75

    Unha selección de relatos escritos durante a primeira década do século XXI. A autora de 'Memoria de cidades sen luz' amosa nestes textos, de asun...

    Ver todos os detalles
  • ORFEO CANTA. INICIACIÓN, SIGNO & RETORNO

    ORFEO CANTA. INICIACIÓN, SIGNO & RETORNO

    Roberto Abuín
    €18,00

    Entre a literatura e o pensamento ábrense territorios que a racionalidade mitopoética explorou ao longo dos séculos. Un deses lugares comúns no que...

    Ver todos os detalles