Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ARTIGOS EN LA NACIÓN

€14,70
ISBN 9788482887586
A cultura, a política, as viaxes por distintos lugares do país galego artellan un volume indispensable para coñecer o Blanco Amor xornalista.

Galaxia recupera na súa colección Memoria unha parte moi importante do labor xornalístico de Blanco Amor. Artigos en "La Nación" inclúe unha escolma das crónicas publicadas polo autor d´A Esmorga entre 1929 e 1936 no diario arxentino La Nación, un testemuño privilexiado da Galicia daquel tempo. O Diario La Nación era unha das cabeceiras máis prestixiosas da República Arxentina naquela época. Nel Blanco Amor publicou unha serie de crónicas arredor de temas políticos e culturais, amais das que dedicou ás súas viaxes por Galicia, entre elas a reportaxe sobre a súa famosa travesía a bordo do pesqueiro Norita, que logo tamén daría pé ao seu Poema en catro tempos. A prosa literaria de Blanco Amor adáptase perfectamente ao formato xornalístico sen perder riqueza nin orixinalidade, conservando tamén a "tensión do oficio" propia dos medios de comunicación.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • A ESMORGA

    A ESMORGA

    Eduardo Blanco Amor
    €13,00

    Texto íntegro, incorpora as pasaxes eliminadas pola censura na edición de 1970. A fuxida do Bocas pola Auria máis marxinal na novela que cambiou a ...

    Ver todos os detalles
  • CHILE A LA VISTA

    CHILE A LA VISTA

    Eduardo Blanco Amor
    €25,00

    Crónica viaxeira do paso de Blanco Amor polo país andino, coa que Galaxia inicia a recuperación para os lectores galegos de parte da súa obra escri...

    Ver todos os detalles
  • A ESCADEIRA DE JACOB

    A ESCADEIRA DE JACOB

    Eduardo Blanco Amor
    €12,70

    Unha nova lectura e ordenación da novela vangardista de Blanco Amor.A escadeira de Jacob é o primeiro intento novelístico de Blanco Amor, quen come...

    Ver todos os detalles
  • A OLLADA DO DESEXO. OBRA GRÁFICA 1933-1973

    A OLLADA DO DESEXO. OBRA GRÁFICA 1933-1973

    Eduardo Blanco Amor
    €28,70

    A OBRA FOTOGRÁFICA DE BLANCO AMOR. Segundo deixou escrito o propio Blanco Amor, o seu arquivo fotográfico supera a cifra de 3.000 negativos. Galaxi...

    Ver todos os detalles
  • POEMAS GALEGOS

    POEMAS GALEGOS

    Eduardo Blanco Amor
    €9,50

    A interesante obra poética de Blanco Amor, o aspecto menos coñecido da súa creación.Moito antes de que Blanco Amor se dera a coñecer como prosista ...

    Ver todos os detalles