Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ARTE DE AMAR. REMEDIOS DO AMOR

por OVIDIO
€16,00
ISBN 9788492866748
Arte de amar e Remedios do amor son dúas obras didácticas clásicas, de enorme éxito dende a súa publicación e mesmo na Idade Media, nas que Ovidio ofrece a toda a sociedade as súas ensinanzas no tocante ao amor e ao sexo.

Nos dous primeiros libros da Arte de amar diríxese aos homes, mais no terceiro ensínalles ás mulleres as mesmas artes de sedución. Por outra banda, os Remedios do amor resérvanse a aconsellar sobre como esquecer un amor enfermizo. Con estas dúas obras queda cuberto o tema amoroso, dende os tenros comezos até os máis dolorosos desenlaces, e dende o punto de vista tanto das mulleres coma dos homes. Porén, compoñer poemas deste tipo na Roma de Augusto tiña un prezo, e hai quen sinala que a causa de que Ovidio fose desterrado foi a publicación do primeiro libro, considerado polos ambientes máis conservadores do imperio como unha especie de guía para cometer adulterios.
 

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • CARTAS DAS HEROÍNAS

    CARTAS DAS HEROÍNAS

    OVIDIO
    €15,00

    Cartas das Heroínas de Ovidio, traducida do latín ao galego por primeira vez, consiste nunha colección epistolar en verso. En total, son 21 cartas ...

    Ver todos os detalles
  • HISTORIA DE CALÍRROE

    HISTORIA DE CALÍRROE

    Caritón de Afrodisias
    €16,00

    Historia de Calírroe, obra de Caritón de Afrodisias, pódese considerar a primeira novela de Occidente que conservamos íntegra. Aínda que a súa data...

    Ver todos os detalles
  • UNA HISTORIA DEL ARTE

    HISTORIA DEL ARTE CON NOMBRE DE MUJER

    Ramón Otero Pedrayo
    €36,50

    Unha singular e ambiciosa síntese de autores e estilos da arte, un texto ata agora inédito do gran escritor ourensán.Durante os anos 1966 e 1967, R...

    Ver todos os detalles
  • THÉRÈSE RAQUIN

    THÉRÈSE RAQUIN

    Émile Zola
    €15,00

    O autor realiza unha meticulosa disección dos pensamentos da parella formada por Thérèse e Laurent, os cales entran pouco e pouco nunha espiral ver...

    Ver todos os detalles
  • DECAMERÓN

    DECAMERÓN

    BOCCACCIO, GIOVANNI
    €25,50

    O clásico da literatura italiana e europea traducido por primeira vez ao galego e con prólogo de Álvaro Cunqueiro. Edición íntegra e anotada.Desde ...

    Ver todos os detalles