Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ARQUITECTURAS QUE FALAN DO SEU TEMPO

por VV.AA
€25,00
ISBN 9788445355060

Arquitecturas que falan do seu tempo (1849-2024) - Museo de Belas Artes da Coruña.

Catálogo da exposición temporal Arquitecturas que falan do seu tempo, organizada polo Museo de Belas Artes da Coruña. A mostra recolle as creacións arquitectónicas dos 23 arquitectos que foron e son académicos de número e de honra da Real Academia Galega de Belas Artes, desde a súa creación o 31 de outubro de 1849 ata a actualidade.

O museo reúne no catálogo diversos artigos de destacados arquitectos e especialistas da arte. Comeza cunha presentación por parte da directora do museo, Ángeles Penas Truque, "Acerca do proxecto Arquitecturas que falan do seu tempo (1849-2024). 23+1". A continuación, os textos dos comisarios da mostra: Xosé Manuel Casabella López,  "No 175 aniversario da creación da Real Academia Galega de Belas Artes",  e Alfredo Sellier, "23 arquitectos, 1 marco, 1 contexto, 1 tempo",  así como as aportacións de Alberto Fuentes Valcárcel sobre "A Coruña soñada: os casos do Mercado de Santo Agostiño e da Escola Superior de Comercio"; José Ramón Soraluce Blond que trata sobre "Os académicos e as correntes arquitectónicas en Galicia", e Ramón Yzquierdo Perrín, sobre "Os académicos historiadores da arquitectura galega".
O catálogo complétase coa relación dos 23 arquitectos académicos representados na exposición, cunha aproximación as súas biografías e ás maxes das obras destacadas de cada un deles.
Editado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, a publicación presenta o texto paralelo en galego e castelán, a encadernación en tapa blanda, ilustracións a cor e un total de 214 páxinas. Medidas: 28,5 x 24 cm.

Os arquitectos

A continuación, a relación dos 23 arquitectos representados en esta exposición:

Académicos Fundadores:
Faustino Domínguez Domínguez
José María Noya

 

Académicos Numerarios e de Honra:
Faustino Domínguez Coumes-Gay
Antonio de Mesa Álvarez
Juan de Ciórraga
Pedro Marino
Leoncio Bescansa
Rafael González Villar
Eduardo Rodríguez-Losada
Santiago Rey Pedreira
Manuel Andrés Reboredo
Carlos Fernández-Gago
José Ramón Soraluce
Antonio Tenreiro Brochón
Rafael Baltar
Celestino García Braña
Xosé Manuel Casabella
Andrés Fernandez-Albalat
Rafael Moneo
Álvaro Siza
Manuel Gallego
Felipe Peña
César Portela

 

 


____

Editorial: Xunta de Galicia 2024
Idioma: Castellano
Páxinas: 216