Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AGUILLÓNS DE ORTEGAL

€21,35
ISBN 9788497823920
Con sabor a novela de aventuras, Hixinio Puentes ofrécenos en Aguillóns de Ortegal unha historia ambientada nos tempos da Primeira Guerra Mundial, que atrapa ao lector coa intriga dun argumento ben dosificado e un estilo áxil que caracteriza ao autor.

Novela de arrecendo clásico, extraordinariamente ben escrita e construída, dá conta, en primeira persoa, do relato autobiográfico do mariñeiro Fonseca, de orixe galega, nacido en Lisboa. De neno, nesa cidade, unha bruxa prognostícalle que terá sete vidas e, a partir dese fío, o protagonista vai dando conta de todas as ocasións en que estivo a piques de morrer. Con múltiples historias e anécdotas que se van entrelazando, o motor da novela transcorrre a partir do naufraxio que sofre o protagonista cando é atacado o barco en que viaxa. O naufraxio e os instintos de supervivencia dos personaxes dan pé a páxinas memorables, que denotan a presenza dun narrador sumamente hábil.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • IRIA

    IRIA

    Anxo Angueira
    €20,00

    Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproa cara a horizo...

    Ver todos os detalles
  • O QUE NON SABÍAS

    O QUE NON SABÍAS

    Elba Pedrosa
    €16,35

    Por veces, as pegadas que deixa a vida son tan intensas que esborranchamos o presente coa dor do pasado e co silencio.Marisa, muller afouta e tenaz...

    Ver todos os detalles
  • WINNIPEG

    WINNIPEG

    Hixinio Puentes Novo
    €17,80

    Co advento das ditaduras morre a liberdade e a poesía. Así aconteceu tamén con aquel poeta chileno que fretara o Winnipeg, un dos buques da diáspor...

    Ver todos os detalles
  • A GRAN TRAVESÍA DE CHIRUCA MACALLÁS

    A GRAN TRAVESÍA DE CHIRUCA MACALLÁS

    Xurxo Souto
    €17,00

    O arrastreiro Macallás sae das Arneiras, a cidade da Torre e da area do Berbés. O seu destino: Rockall, rocha perdida, entre Escocia e Islandia. O ...

    Ver todos os detalles
  • PALABRAS DE OPOTON O VELLO

    PALABRAS DE OPOTON O VELLO

    Avel·lí Artís-Gener
    €19,00

    A novela Palabras de Opoton o Vello, de Avel·lí Artís-Gener está considerada unha obra de referencia da literatura catalá do século XX. Ambientada ...

    Ver todos os detalles