
As imaxes non son ilustracións dos poemas literarios, senón poemas visuais independentes dos anteriores. O libro é así porque empre traballei con poemas e fotografías e esta é a miña maneira de expresarme. Influíume moitísimo o poeta pintor inglés William Blake. Entre os escritores galegos actuais interéresanme, por exemplo, Emilio Arauxo, Gonzalo Hermo ou Francisco Cortegoso. Ademais de poesía, tamén leo moitos ensaios para intentar coñecer as entrañas da xente. E aparte da literatura interésome pola arte en xeral, por todas as formas de expresión artística. Mónica Sánchez Rodríguez, nada en Reigada (Monforte de Lemos) en 1986, é unha escritora galega Gañou o premio de poesía Xuventude Crea en 2013 e volveu gañalo en 2015
____
Editorial: Chan da PolvoraIdioma: Gallego