Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A VIXILIA DO BOSQUE

€14,00
ISBN

Neste outro título inédito e de aparición póstuma fai o autor simultáneos os anos dunha soa existencia, estremecida e sensible, cos séculos todos do mundo, que bulen nas copas das árbores mentres as súas raíces descansan no infinito. 
Ocorre, ese encontro da sensibilidade coa verdade, na hora en que o bosque flota entre o sono e o real agasallándolle epifanías a quen ten os sentidos alerta: é dicir, o poeta e, canda el, nós, os seus lectores. E os versos que Torneiro mediu pacientemente na báscula de precisión da Idea póñense ao servizo da Vida. 
E instálannos na festa da fala, e dispóñennos para a loita contra o esquecemento, e comprométennos á fin coa defensa da beleza necesaria. Axúdannos así a rectificar, ao abeiro da lectura e co guieiro da mellor poesía, a eternidade e un día da nosa condena a ser homes e mulleres, transformándoa, celebrativamente, no agasallo da eternidade e un día de sermos mulleres e homes únicos e irrepetibles. Na vixilia do bosque, territorio do soño, república da palabra. Coa dose xusta da harmonía posible.

___

Editorial: Kalandraka 05-2024
Idioma: Galego


También te podría interesar...

  • A VIXILIA DO BOSQUE

    DIEGO COUSILLAS NOVO
    €14,00

    Neste outro título inédito e de aparición póstuma fai o autor simultáneos os anos dunha soa existencia, estremecida e sensible, cos séculos todos d...

    Ver todos os detalles
  • EN CONCRETO

    Luisa Villalta
    €22,00

    Neste outro título inédito e de aparición póstuma fai o autor simultáneos os anos dunha soa existencia, estremecida e sensible, cos séculos todos d...

    Ver todos os detalles
  • O TEMPO QUE VIVIMOS

    Roberto Varela Fariña
    €29,00

    O tempo que vivimos ábrese con Recorremos a inmensidade, unha longa secuencia que anuncia os espazos e as atmosferas dun libro que sempre esquiva a...

    Ver todos os detalles
  • O SONO DAS SEREAS

    O SONO DAS SEREAS

    Xosé Antonio Neira Cruz
    €14,50

    XI Premio de Narrativa Breve Repsol 2017Á beira do areal de Traba, na Costa da Morte, unha igrexa garda un segredo insospeitado e terrible. Á sombr...

    Ver todos os detalles
  • NA DEFENSA DOS ANIMAIS

    NA DEFENSA DOS ANIMAIS

    Roberto Abuín
    €18,00

    Entre a literatura e o pensamento ábrense territorios que a racionalidade mitopoética explorou ao longo dos séculos. Un deses lugares comúns no que...

    Ver todos os detalles