Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A SOMBRA DAS ACACIAS

€8,50
ISBN 9788484870626

“As nacións europeas non emerxiron formadas todas de vez, da noite para o día. Non foron construídas dunha feita, nen dunha única maneira, nen todas ao mesmo tempo. Igualmente, a Europa, se é que chega a se concretizar, tampouco se fará de forma linear nen brusca nen, nomeadamente, simples. Construírase en parte á imaxe da historia das nacións da Europa, na complexidade e na dificultade, á medida da diversidade dun conxunto rico en contrastes e que ao mesmo tempo partilla en pasado común en que cada elemento se enriqueceu coa experiencia do conxunto.

Esta variedade de modalidades de construción nacional e, asomade, a comunidade e a exemplaridade deses procesos de constituición de identidades políticas é o que queremos descreber aquí, na esteira de autores que, en estudos históricos (Braudel, Wallerestein, Andersen, Tilly, Hobsbawn, Pomian, Schulze...) e antro ou sociopolíticos (Shafer, Rokkan, Deutsch, Gellner, Morin, Delannoi, Taguieff...) antigos ou recentes, puxeron en evidencia a orixinalidade e a primacía da experiencia europea en materia de construción estato-nacional. Estes e outros autores, sobre pontos máis específicos, fixeron progredir moito a reflexión sobre un tema singularmente falto de perspectiva teórica: a nación.”


____

Editorial: Laiovento 2004

Idioma: Galego