Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A PRAIA DOS AFOGADOS

€23,00
ISBN 9788498651805

Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar preséntanos esta apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos. Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas. Finalista do International Dagger Prize 2011 Premio Frei Martín Sarmiento 2011 na categoría de adultos Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009 Premio Losada Diéguez de Creación Literaria Premio Brigada 21 de novela negra

____

Editorial: Galaxia 01-2020
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • O ÚLTIMO BARCO

    O ÚLTIMO BARCO

    Domingo Villar
    €23,95

    VOLVE LEO CALDAS! A filla do odoutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outr...

    Ver todos os detalles
  • HISTORIAS DE OREGÓN

    HISTORIAS DE OREGÓN

    Diego Ameixeiras
    €17,00

    Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2011   Tras os éxitos rotundos obtidos por Asasinato no Consello Nacional e Dime algo sucio, prem...

    Ver todos os detalles
  • REO

    REO

    Xesus Fraga
    €13,50

    Esta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera. Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña no 201...

    Ver todos os detalles
  • XIBRALTARIA (UN CADILLAC EN XIBRALTAR)

    Nacho Taibo
    €20,00

    Xibraltaria é unha fantasía con toques realistas que narra unha historia de aventuras e de espías, parecida a ningunha outra. O xefe de p...

    Ver todos os detalles
  • DIARIO DUN ENTERRO

    DIARIO DUN ENTERRO

    Gonzalo Hermo
    €14,70

    Xacobe, un escritor mozo que vive en Barcelona recibe subitamente a noticia da morte do seu avó materno. XIII Premio de Narrativa Breve Repsol 201...

    Ver todos os detalles