Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A OBRA

€14,50
ISBN 9788494653810
Determinadas pasaxes, coma as dos desaloxamentos ou as das indignas tretas dos patróns, resultan dunha actualidade a todas luces abraiante, e demostran que Bruno Sperani, nunca antes traducida ao galego, foi unha muller comprometida e atenta ao seu contorno.

En liñas xerais, a produción de Bruno Sperani caracterízase por presentar certo pouso determinista e pola especial profundidade concedida ás mulleres, arrastradas polas leis do sangue e da sociedade e cuxo destino fatal deriva na servidume e a submisión. No caso de A obra (1894), coa que a autora acadou un enorme éxito, Luisina Terragni exemplifica un camiño dende a resignación, tras ser seducida e enganada e vivir unha chea de desgrazas, até a rebelión, unha vez que coñece o verdadeiro amor co obreiro Francesco Bitossi. A historia está ambientada en Milán, onde daquela tiña lugar unha febril actividade co fin de construír novas avenidas, barrios e modernas infraestruturas. Cun estilo incisivo e penetrante, o relato aborda a vida dos marxinados e desfavorecidos, aos que contrapón cos poderosos especuladores, mesquiños e hipócritas. Ao tempo, insírese na trama o xermolo das ideas socialistas entre a clase traballadora e as incipientes protestas sociais.

____

Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • MORTE EN ARÁN

    Tòni Escala
    €9,00

    Un día no que azouta a xistra, nun cavorco do Val de Arán, aparece o cadáver dun esquiador cun forte golpe na cabeza. Todo apunta a que se trata du...

    Ver todos os detalles
  • PALABRA DE BRUXA

    PALABRA DE BRUXA

    Andrea Barreira Freije
    €12,20

    As portas do muiño das Xanas sempre estiveron abertas para os habitantes de Queixumes.Xeración tras xeración prestáronlles axuda cada vez que eran ...

    Ver todos os detalles
  • IRIA

    IRIA

    Anxo Angueira
    €20,00

    Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproa cara a horizo...

    Ver todos os detalles
  • AMOR DE ARTUR

    AMOR DE ARTUR

    X. L. Méndez Ferrín
    €16,65

    Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións de Méndez Ferrín acadan un clímax épico que se vai esvaíndo lene...

    Ver todos os detalles
  • BRETAÑA, ESMERALDINA

    BRETAÑA, ESMERALDINA

    X. L. Méndez Ferrín
    €21,80

    Bretaña, Esmeraldina supón un dos maiores esforzos creativos de Xosé Luís Méndez Ferrín. O protagonista, Amaury, vive nunha cadea política na que s...

    Ver todos os detalles