Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A LUZ CO TEMPO DENTRO

€15,00
ISBN 9788491518389

A luz co tempo dentro pode lerse como un constante balanceo entre dúas realidades que interpelan e que nos mobilizan.

A pulsión e revelación da existencia, por un lado. Polo outro, a poderosa sede de plasmarse e autorrealizarse nos planos da ficción. Sempre máis próximo da terra que se pisa que da entelequia de ceos arelados, o autor é consciente de que unha elevada porcentaxe da xente apenas pode satisfacer a fame, collida na cadea de patróns invisibles, de estafadores que ninguén controla, de escravistas sen freo e de negreiros que a axeonllan e a atan á ruína.

O escritor sintoniza nestas páxinas cun grupo dos mellores intérpretes da terra e non casualmente aduce referencias de temas e de autores, da man dos cales, con reiteración, confesa: “O voluntario regreso ao ser da terra, a ese natural ritmo do tempo e das sazóns, significou acaso a etapa máis serena, harmoniosa e fecunda da miña singradura. Como unha recalada cando esa hora de ir recollendo velas se aveciña”.

____

Editorial: Galaxia 2022
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • EN TEMPO DE DESCONTO

    Xosé Ramón Pena
    €19,75

    Xosé Ramón Pena é esa clase de autor que pertence á mellor tradición de contistas do noso país.Este libro de relatos é a confirmación diso, e de qu...

    Ver todos os detalles
  • O TEU PERFIL NA MIÑA SOMBRA

    VEGA, REXINA
    €16,70

    Diario dunha nai. Oteu perfil na miña sombra non é exactamente unha narración, tampouco unlibro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de...

    Ver todos os detalles
  • ETERNITY

    Xosé Monteagudo
    €15,50

    PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2021Cando alguén morre, ¿que queda, á parte dun nome nunha lápida? ¿Canta xente e durante canto tempo se lembran d...

    Ver todos os detalles
  • FANZINES EN GALIZA

    RAMÓN MARIÑO FERNÁNDEZ
    €11,95

      Unha breve e intensa historia sa autoedición galega. Nun recuncho esquecido da Galiza, entre as sombras dos séculos, agóchase un universo de crea...

    Ver todos os detalles
  • SONORIDADE DAS AURAS. POESÍA REUNIDA

    Manuel García Barros
    €16,00

    Edición de Carlos Loureiro Rodríguez e Xesús Domínguez DonoManuel García Barros adoita ser cualificado como narrador e xornalista, o que contribuíu...

    Ver todos os detalles