Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A HISTORIA DO BONDADOSO VELLO E DA FERMOSA MOZA

€12,00
ISBN 9788412259384

 

Un adiñeirado vello, con todas as contradicións e manías que lle corresponden por idade e por clase social, e que amais se lucra coas desgrazas derivadas da Primeira Guerra Mundial, aventúrase na sedución dunha fermosa moza tras coñecela no tranvía de Trieste, crendo chegada a súa derradeira oportunidade para gozar do amor. O relato aborda, polo tanto, un tema recorrente na literatura de todos os tempos: as relacións sentimentais entre persoas de distintas xeracións, onde entran en xogo valores como a condescendencia e o paternalismo e, neste caso, tamén eivas como a hipocrisía. O ancián tira partido, mesmo intelectual, da situación, e chega a manexar, no seu beneficio e exculpación, a necesidade de amparo ante as dificultades da vida.

Publicada de maneira póstuma en 1929, A historia do bondadoso vello e da fermosa moza contén moitas das características sobranceiras da narrativa de Italo Svevo, entre elas, a translación de elementos e episodios autobiográficos á ficción, a perspectiva humanista e unha fonda análise da psicoloxía dos personaxes. O relato salienta ademais pola utilización de técnicas narrativas do que se entende por escritura moderna, pola inclusión constante de frases sintéticas e memorables, case a modo de aforismos, e por unha prosa decantada con esmero, con toques de ironía e un humor cruento no retrato da situación.


Italo Svevo

Aron Hector Schmitz, coñecido mundialmente como Italo Svevo –en homenaxe ás culturas italiana e alemá–, naceu en Trieste, daquela parte do Imperio austríaco, en 1861, no seo dunha
familia numerosa. O seu pai era xudeu de ascendencia húngara, mentres que a súa nai, tamén
xudía, era de orixe friulana.

Tras ser educado na escola israelita local, un seu irmán e el foron enviados a Baviera en 1874 para
estudar comercio e mergullarse na cultura bávara e na lingua alemá (o idioma habitual na familia
era o triestino). Catro anos máis tarde regresou á casa, onde continuou a súa formación. En 1880,
ao se arruinar o pai, comerciante de vidro, Svevo tivo que poñerse a traballar como empregado
nunha filial do banco vienés primeiro e no negocio de pinturas industriais da súa familia política despois. Foi tamén daquela cando encomezou a facer crítica literaria para o xornal local L'Indipendente. Neses anos leu as grandes obras dos escritores realistas franceses, dos seus contemporáneos rusos, escandinavos e centroeuropeos, e mesmo os clásicos da literatura inglesa.

En 1892 apareceu publicada a primeira das súas tres novelas longas, Una vita, onde se palpa xa o
cariz eminentemente psicolóxico da súa escrita. Svevo foi, de feito, un dos primeiros escritores
italianos en facer uso das teorías psicanalíticas de Sigmund Freud. Así mesmo, esa peza incorpora a súa vila natal como marco e evidencia a súa condición de escritor de fronteira. As outras dúas
novelas son Senectude (1898) e La coscienza di Zeno (1923).

As súas obras non gozaron senón dun recoñece mento póstumo. Non obstante, décadas despois
do seu pasamento en 1928, a consecuencia dunha crise cardíaca, os seus textos foron postos en va-
lor. Tanto é así que hoxe se considera a Svevo un autor fundamental das letras italianas.

____

Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • LUCEIRO DA MAÑÁ

    Ada Negri
    €14,50

    Luceiro da mañá publicouse en 1921 e deseguida contou co aplauso de crítica e público, talvez por recoñecer na obra a fidelidade ao xénero autobiog...

    Ver todos os detalles
  • O CADERNO VERMELLO

    O CADERNO VERMELLO

    Benjamin Constant
    €8,00

    Tomou o seu título, por decisión da súa parente, a baronesa Charlotte de Constant, da cor das tapas do caderno no que Benjamin Constant escribiu es...

    Ver todos os detalles
  • EL

    Louise Colet
    €17,50

    Rescatar El, de Louise Colet, supón sacar do esquecemento unha escritora prolífica reducida ao papel de musa e vítima da misoxinia da época. Public...

    Ver todos os detalles
  • EU SERVÍN AO REI DE INGLATERRA

    EU SERVÍN AO REI DE INGLATERRA

    Librería Abrente
    €18,00

    Co relato en primeira persoa dun aprendiz de camareiro no hotel Praga Dourada como fío condutor, Bohumil Hrabal preséntanos a historia de Checoslov...

    Ver todos os detalles
  • NOVENTA ANOS DESPOIS

    Harriet E. Wilson
    €7,00

    Nunha pequena aldea serbia, Radojka, a filla do kmet Živan Dušman, está en tratos cun mozo, Strahinja. Porén, o amor que xorde entre ambos non abon...

    Ver todos os detalles